- |
- | (Bandeira) |
A Inglaterra é un dos países constituintes do Reino Unido. Historicamente dominante, ocupa a metade sur da illa da Gran Bretaña, á excepción dunha área a oeste, correspondente ao País de Gales. Limita a Norte coa Escocia, a Leste co Mar do Norte, a Sur co Canal da Mancha e a Oeste co Océano Atlántico, País de Gales e o Mar da Irlanda.
O país chamado Inglaterra,, por contraponto cos estados e provincias que ocuparon o mesmo territorio en épocas anteriores formouse pola aglutinación gradual dos reinos anglos, saxóns e xutos durante os séculos VII, VIII e IX. Egbert de Wessex, rei do Wessex (m. 839) é en xeral considerado o primeiro rei de toda a Inglaterra, se ben que o seu título oficial fose Bretwalda (literalmente "Sobreseñor da Bretaña"), e fose tecnicamente un "primeiro entre iguais" cos outros líderes ingleses. O título de "Rei de Inglaterra" surxiu dúas xeracións máis tarde con Alfredo, o Grande (gobernou entre 871 e 899).
Algunhas historias de Inglaterra escolares inicianse coa subida ao trono de Guillerme, o Conquistador en 1066. Isto pode deberse ao orgullo que os ingleses tén da súa longa historia de independencia, e gostaren, portanto, de iniciar a contar só despois da última invasión ben sucedida. A verdade é que, aínda que Guillerme teña reorganizado (e, en gran parte, substituído) a aristocracia inglesa, non se pode dicir con verdade que el teña "fundado" ou "unificado" o país. Con efeito, moita da infraestrutura anglo-saxona que existía sobreviviu á conquista de Guillerme e persiste aínda hoxe.
Nas escolas inglesas, a historia do país tende a comezar coa área xeográfica que viría un día a transformarse na Inglaterra, e por iso referese inicialmente a Xulio César e a expedicións romanas posteriores. Estes estudos da historia do lugar propriamente dito, antes de ter adquirido o nome "Inglaterra", axúdannos a comprender o desenvolvimento posterior da Inglaterra en canto nación.
A Inglaterra non ten nengún goberno ou corpo de representantes independente do Reino Unido.
Tradicionalmente, divídese en condados (shires), de constituición que ten sido algo variable. Actualmente, a lista é a seguinte:
A Inglaterra corresponde á maior parte dos dous terzos sur da Gran Bretaña. É limitada ao norte pola Escocia e ao oeste polo País de Gales.
A maior parte da Inglaterra é coberta de outeiros ("Roling Hills"), sendo máis montañosa no norte. A liña divisora entre tipos do terreno é indicada xeralmente pola liña Tees-Exe. Hai tamén unha área de pantanos, a leste, que foi drenada para uso agrícola.
As maiores cidades de Inglaterra son, por orde decrecente: Londres, Birmingham, Liverpool, Sheffield e Leeds.
O Túnel do Canal, perto de Dover, liga a Inglaterra ao continente europeo.
A Inglaterra, cos seus 49 millóns de habitantes, dos cais cerca dunha décima parte pertencen a grupos étnicos non-brancos, é a nación coa poboación máis numerosa e etnicamente máis diversificada de todo o Reino Unido.
- | Data | 11/4 | Nome en galego | Día da Inglaterra | Nome local | Saint George's Day (Día de San Xorxe) |
|---|
Europa | Reino Unido | Inglaterra
Engeland | Englaland | إنجلترا | Англия | Anglaterra | Anglie | Lloegr | England | England | Αγγλία | England | Anglio | Inglaterra | Inglismaa | Englanti | Angleterre | Ingelân | Sasana | Sasainn | אנגליה | Anglia | Inggris | England | Inghilterra | イングランド | ინგლისი | 잉글랜드 | Pow Sows | Anglia | Ingeland | Anglija | England | England | Engeland | England | England | Angliétèrre | Anglia | Inglaterra | Engalterra | Anglia | Англия | Ingland | England | Anglicko | Anglija | Енглеска | Engêlanê | England | แคว้นอังกฤษ | Англія | Anh | 英格兰 | England
This article is licensed under the GNU Free Documentation License.
It uses material from the
"Inglaterra - England".
Home Page • arts • business • computers • games • health • hospitals • home • kids & teens • news • physicians • recreation• reference • regional • science • shopping • society • sports • world