article

Situada ao oeste de Italia, a illa de Elba (antigamente Ilva ou Aethalia) é un paraíso de orixe volcánica duns 225 km², pertencente á provincia de Livorno (Italia).

É a illa máis grande do Arquipélago Toscano e forma na sua totalidade parte do parque nacional Arquipélago Toscano, que se estende polas provincias de Livorno e Grosseto.

A súa costa é cambiante entre arrecifes, moi apreciados polos mergulladores, a pequenas praias que contrastan co interior esgrevio e montañoso. O cume máis alto é o Monte Capanna duns 1000 m de altura.

A illa divídese en oito comunas: Campo nell'Elba, Capoliveri, Marciana, Marciana Marina, Porto Azzurro, Rio Marina, Rio nell'Elba e Portoferraio. Esta última é a súa capital.

Ver tamén


Ligazóns externas


Xeografía

Елба (остров) | Illa d'Elba | Elba | Elba | Elbo (insulo) | Elba (Isla) | Elba | Île d'Elbe | אלבה (אי) | Elba | Isola d'Elba | エルバ島 | 엘바 섬 | Elba | Elba | Elba | Elba | Ilha de Elba | Elba (insulă) | Эльба (остров) | Elba | Elba | Elba | 厄尔巴岛

 

This article is licensed under the GNU Free Documentation License. It uses material from the "Illa de Elba".

Home Pageartsbusinesscomputersgameshealthhospitalshomekids & teensnewsphysiciansrecreationreferenceregionalscienceshoppingsocietysportsworld