Un ideograma é un símbolo gráfico que representa unha palabra ou unha idea utilizado nalgunhas linguas vivas (como o chinés e o xaponés) ou antigas (como os xeroglíficos do antigo Exipto). Opóñense aos pictogramas. Ver o artigo sobre os logogramas.
Contrariamente á idea xeral, non todos os sinogramas son ideogramas, nada máis incerto: os ideogramasles so representan unha pequena parte dos sinogramas, sendo a categoría máis numerosa a representada polos ideo-fonogramas, especie de xeroglífico que leva unha indicación fonética e outra semántica.
Por exemplo, na seguinte palabra, que significa China, ou sexa zhōng guó , o primeiro sinograma (zhōng) é un ideograma que simboliza o medio (cf. O Imperio do Medio) mentres que o segundo (guó, « país ») é un ideo-fonograma composto dun radical fonético, 或 (para o final -uo), e un índice visual para o senso, 囗 (para a idea de zona limitada no espazo).
Ainda que os xeroglíficos teñan case todos unha orixe pictográfica, algúns son ideogramas. Sexa como for, a maioría se empregaba como carácter fonético ou simbólico. Coa simplificación dos xeroglíficos lineais, e sobre todo, o paso ao hierático, os caracteres preden definitivamente o seu valor figurativo.
Ideograma | Ideogram | Schriftzeichen#Ideogramm | Ideogram | Ideogramo | Ideograma | Idéogramme | אידאוגרמה | Ideogramma | 表意文字 | 표의 문자 | Ideogram | Pismo ideograficzne | Ideograma | Ideogramă | Идеограмма | Ideogram | 形意文字
This article is licensed under the GNU Free Documentation License.
It uses material from the
"Ideograma".
Home Page • arts • business • computers • games • health • hospitals • home • kids & teens • news • physicians • recreation• reference • regional • science • shopping • society • sports • world