Related Topics:
Horan,_James ::
Horace ::
Horana ::
Horam ::
Horatio
A hora é o lapso de tempo que comprende 60 minutos,
ou 3600 segundos. É, á súa vez, a vintecatroava parte dun día.
Hora é tamén unha medida de ángulos utilizada en Astronomía que equivale a 15 º. Ten a súa orixe en que a Terra nunha hora de tempo xira 15º.
Os seus divisores son:
1 hora = 60 Minutos
1 Minuto = 60 segundos
Unha relación útil é 1 º = 4 Minutos
A Ascensión recta é un ángulo que se mede en horas, minutos e segundos.
Así AR=3h 25m 13s= 3,4202777.. h= 51,304166..º =51 º 18 ' 15 "
Por regra xeral o instrumento que mide e averigua as horas é un Reloxo
Antigas definicións da hora.
- Na antigüidade considerabase á doceava parte do tempo que transcorre desde a saída do Sol ata o solpor. Como consecuencia, durante o verán as horas son máis longas que durante o inverno. Os romanos e os gregos usaban esta definición. Más tarde, a noite (o tempo transcurrido desde o solpor ata o nacer-do-sol) foi tamén dividida en doce horas. Este tipo de horas medíase mediante un Reloxo de sol ou mediante unha Clepsidra. Cando un reloxo mecánico utiliza estas horas, a súa velocidade debe ser cambiada cada mañá e tarde, por exemplo cambiando o largo do seu péndulo. A hora segundo esta definición está regulada segundo o Sistema Horario Temporario.
- Unha vintecatroava parte do día solar aparente (entre un mediodía e o seguinte, ou entre un solpor e o próximo). Como consecuencia, as horas varían un pouco, posto que a duración do día solar aparente varía ao longo do ano. Cando un reloxo utiliza estas horas, debe ser axustado unhas poucas veces durante o mes. Segundo se tome como orixe o paso do Sol polo Ocaso ou o Orto denominaráse Sistema Horario Itálico ou Sistema Horario Babilónico respectivamente.
- Unha vintecatroava parte do día solar medio. Cando un reloxo exacto utiliza estas horas, non necesita ser axustado nunca. De todas formas, posto a que a velocidade da rotación terrestre diminúe, esta definición foi abandonada.
Véxase tamén
Cronometría
ساعة | Час | Hora | Hodina | Time (enhed) | Stunde | Ώρα | Hour | Horo | Hora | Ordu | ساعت (زمان) | Tunti | Heure (temps) | Oere | שעה | Sat | Óra (időegység) | Ora (unità di misura) | 時間 (単位) | 시간 (단위) | Hora | Uur | Time | Time (tidsenhet) | Godzina | Hora | Sat | Hour | Hodina | Ura | Сат | Timme | ชั่วโมง | Saat | Giờ | 小时