O hidromel é unha bebida alcohólica fermentada a base de mel e auga. Consumida desde a antigüidade, a súa fabricación é anterior á do viño e seguramente á da cervexa.
Na Grecia clásica chamábase "melikraton" e os romanos chamábanlle "auga mulsum", aínda que esta poida ser unha variante feita con viño de uva adozado con mel.
Plinio conta que foi Aristeo quen criou a primeira fórmula do hidromel.
Outras culturas antigas consumidoras desta bebida foron os celtas, saxóns e viquingos. Tamén era coñecido o consumo dunha bebida similar polos maias.
Existía a tradición de que os matrimonios recén casados deberían consumir esta beberaxe durante o primeiro ciclo lunar despois das vodas para nacer un fillo varón. De aí surxiu a tradición actual da lúa de mel.
Hidromel | Medd | Mjød | Met | Mead | Hidromiel | Sima | Hydromel | Idromele | 蜂蜜酒 | Hydromeli | Midus | Mede (drank) | Mjød | Mjød | Baûchet | Miód pitny | Hidromel | Mjöd | 蜂蜜酒
This article is licensed under the GNU Free Documentation License.
It uses material from the
"Hidromel".
Home Page • arts • business • computers • games • health • hospitals • home • kids & teens • news • physicians • recreation• reference • regional • science • shopping • society • sports • world