article

Guerras púnicas foram guerras sostidas nos séculos III e II a. de C. entre Roma e Cartago. A causa foi a aparición da república romana como rival económica e militar no Mediterráneo occidental e central dos cartaxineses. A excusa foi a axuda romana ós mamertinos, donos de Mesina en Sicilia, na súa loita contra Hierón de Siracusa, aliado de Cartago.

Primeira guerra púnica (264 a. de C. - 241 a. de C.)

Transcurre en Sicilia, as lexións romanas vencen a Amílcar Barca. Principalmente xalonada por batallas navais. A recén creada flota romana derrota a armada cartaxinesa nas illas Egadas. Roma obtén Sicilia, Córcega e Cerdeña.

Segunda guerra púnica (218 a. de C. - 202 a. de C.)

Aníbal Barca sae de Cartago Nova (Cartaxena, España), conquista Sagunto, aliada de Roma e atravesa os Pirineos e os Alpes. Gaña as batallas de Tesino e Trevia, derrota ó cónsul Flaminio xunto o lago Trasimeno e en Cannas (Apulia). Aníbal, coa súa tropa esgotada retírase a Capua onde espera a chegada de Asdrúbal con reforzos. Pero estes non chegan. Por outra parte, pese a ter ó inimigo en Italia, Roma lanza unha ofensiva contra Cartago. Aníbal vese obrigado a persegui-la flota romana ata África, onde é derrotado por Publio Cornelio Escipión en Zama (202 a. de C.).

Terceira guerra púnica (146 a. de C.)

Os cartaxineses rearmanse para facer fronte ós ataques do rei de Numidia. Roma, seguindo a política de Catón (Delenda est Cartago), desembarca na capital con Escipión Emiliano á fronte. Arrasa a cidade e Cartago convértese en provincia romana.

HistoriaGuerras

Пунически войни | Punski ratovi | Guerres púniques | Punské války | Puniske krige | Punische Kriege | Punic Wars | Guerras Púnicas | Puunilaissodat | Guerres puniques | Guerre puniche | ポエニ戦争 | Punesch Kricher | Gwerer Puniċi | Punische oorlogen | Punerkrigene | Wojny punickie | Guerras Púnicas | Пунические войны | Púnske vojny | Пунски ратови | 布匿战争

 

This article is licensed under the GNU Free Documentation License. It uses material from the "Guerras púnicas".

Home Pageartsbusinesscomputersgameshealthhospitalshomekids & teensnewsphysiciansrecreationreferenceregionalscienceshoppingsocietysportsworld