"+1">Ελληνική Δημοκρατία
Elliniki Dhimokratia
República Helénica
|
|
Lema: Ελευθερία ή θάνατος
| (Grego: Liberdade ou morte)
| Lingua oficial
| Grego
|
| Capital
| Atenas
|
| Presidente
| Karolos Papoulias
|
| Primeiro ministro
| Costas Caramanlis
|
Área
| - Total
- % auga
94º maior
| 131,940 km²
0.86%
Poboación
| - Total (2001)
- Densidade
70º máis poboado
| 10,964,020
80.5 h/km²
Independencia
| - Declarada
- Recoñecida
do Imperio Otomano
| 25 de marzo de 1821
1828
| Moeda
| Euro¹, moedas de euro gregas
|
Fuso horario
| - no Verán
EET (UTC+2)
| EEST (UTC+3)
| Himno nacional
| Imnos pros tin Eleftherian
|
| TLD (Internet)
| .GR
|
| Código telefónico
| 30
|
| (1) Antes de 2001: dracma
|
Grecia (en grego: Ελλάδα) é o país máis meridional dos Balcáns e confina ao norte coa Antiga República Iugoslava da Macedonia (ARIM) e a Bulgaria, ao este coa Turquía, en fronteira terrestre, con fronteira marítima no Mar Exeo, ao sur co Mar Mediterráneo e ao oeste co Mar Xónico, através do cal ten ligazón á Italia, e á Albania.
Historia
A antiga Grecia tiña límites coa
Iliria e a
Macedonia ao norte, ao leste co
Mar Exeo, ao oeste co
Mar Xónico, e ao sur co
Mar Mediterráneo. Tiña 77.000 Km². As súas montañas, co ceo case sempre azul e o seu clima suave facía da Grecia um dos máis maravillosos países do mundo antigo.
Foi nese pequeno país no que a primeira civilización europeia comezou hai máis de dous mil anos. Naquel tempo, Grecia dominaba grandes áreas das marxes do
Mediterráneo e do
mar Negro. Actualmente, a Grecia ten un poder reducido, sendo un dos países menos desenvolvidos da
Europa.
Atenas é a capital e maior cidade do país. En
Atenas e outras partes da Grecia, existen espléndidas ruínas que son monumentos do pasado glorioso da nación.
Hai millares de anos, os gregos estabeleceran tradicións de xustiza e liberdade individual que son as bases da democracia. A súa
arte,
filosofía e ciencia tornaranse fundamentos do pensamento e da cultura occidentais. Os gregos da Antigëdade chamabanse a si mesmos proprios dos helenos (todos os que falaban grego, mesmo que non vivesen na Grecia), e daban o nome de Hélade a súa terra. Os que non falaban grego eran chamados bárbaros. Nunca chegaran a formar un goberno nacional, porén estaban unidos pola mesma
cultura,
relixión e
lingua.
Ver tamén Grecia Clásica
Política
Desde
1975, coa adopción da nova
Constitución, Grecia é unha democracia republicana parlamentaria.
A monarquía foi rexeitada o
8 de decembro de
1974. Grecia obtivo a
independencia en
1829, separándose do Imperio Otomano. A Constitución foi estabelecida o
1 de xuño de
1975.
O sistema legal basease no código romano. Con cortes divididas en asuntos civís, administrativos e criminosos.
O voto é obrigatório e universal, sendo adquirido ese direito aos dezoito anos. O poder executivo é rexido polo Xefe do Estado, que é eleito polo parlamento. Alén diso, existe aínda o Xefe do Goberno, eleito polo presidente e o Gabinete do Goberno, cuxos membros son tamén eleitos polo presidente, tendo en conta as recomendacións do primeiro ministro. O poder lexislativo é unicameral e o xudicial conta cunha Corte e un Tribunal Supremo.
Xeografía
Grecia consiste nun territorio continental na extremidade sur dos
Balcáns, na península do
Peloponeso, separada do continente polo
canal de Corinto, e de numerosas illas, incluindo
Creta,
Rodes,
Eubeia e os arquipélagos do
Dodecaneso e das
Cíclades no
Mar Exeo, e das Illas Xónicas no
Mar Xónico. Grecia ten máis de 14.880 km de costas e unha fronteira terrestre de 1.160 km.
Perto do 80% da Grecia é territorio montañoso ou, polo menos, acidentado. A maior parte do país é terra seca e rochosa. Só o 28% da terra é arábel. A Grecia Occidental contén lagos e zonas húmidas. O Pindo, a cadea montañosa central, ten unha elevación media de 2.650 m. O lexendario monte Olimpo é o ponto máis alto da Grecia, atinxindo 2.917 m. por riba do nivel do mar.
O clima grego é semellante ao portugués, con invernos suaves e húmidos e veráns quentes e secos. As temperaturas só raramente atinxen valores extremos, aínda que ten nevado nas montañas e ata mesmo en Atenas, nalgúns invernos.
Nome
O nome histórico de Grecia en grego é Ἑλλάς,
Elás. Deste nome tamén deriva "helénico", onde o "h" inicial vén da pronuncia no grego antigo cun son aspirado inicial (como o "h" en inglés). No grego moderno chámase comunmente Ελλάδα
Eláda .
En moitas linguas europeas, o nome é (galego, español e italiano:
Grecia, portugués:
Grécia, inglés:
Greece, francés:
Grèce, alemán:
Griechenland, ruso: Греция, etc.) provén dunha raíz distinta, Γραικός,
Graikós que segundo
Aristóteles era o antigo nome dos gregos. Por outra banda, o nome en varios países asiáticos (turco:
Yunanistan, árabe: يونان, hebreo: יוון, persa antigo:
Yaunâ,
pali:
Yona, malasio e indonesio:
Yunani) deriva de Ἰωνία "ionía", a rexión de
Xonia.
Países Europa | Grecia
Griekeland | Grezia | يونان | Grecia | Yunanıstan | Грэцыя | Гърция | গ্রীস | Grčka | Grècia | Řecko | Gwlad Groeg | Grækenland | Griechenland | Ελλάδα | Greece | Grekio | Grecia | Kreeka | Kreikka | Kriika | Grikkaland | Grèce | Grikelân | An Ghréig | A' Ghrèig | יוון | ग्रीस | Grčka | Görögország | Grecia | Yunani | Grekia | Grikkland | Grecia | ギリシャ | საბერძნეთი | 그리스 | Yewnanistan | Pow Grek | Graecia | Griicheland | Griekeland | Graikija | Grieķija | Грција | Гречия | Yunani | Greece | Grekenland | Griekenland | Hellas | Hellas | Grècia | Греци | Grecja | Grécia | Grecia | Gârţii | Греция | Grecia | Greece | Grécko | Grčija | Greqia | Грчка | Grekland | ประเทศกรีซ | Gresya | Gris | Yunanistan | Греція | Hy Lạp | 希腊 | Hi-lia̍p