Georg Wilhelm Friedrich Hegel (27 de agosto de 1770 - 14 de novembro de 1831), filósofo alemán nado en Stuttgart, Württemberg, recibiu a súa formación no Tübinger Stift (seminario da Igrexa Protestante en Württemberg), onde trabou amizade có futuro filósofo Friedrich Schelling. Fascinárono as obras de Spinoza, Kant e Rousseau, así coma a Revolución Francesa. Consideran moitos que Hegel representa a cume do movemento alemán do idealismo filosófico, que habería de ter un impacto profundo no materialismo histórico de Karl Marx.
As obras de Hegel teñen fama de difíciles pola amplitude dos temas que pretenden abarcar. Hegel introduxo un sistema para entender a historia da filosofía e o mundo mesmo, chamado a cotío "dialéctica": unha progresión na que cada movemento sucesivo surxe como solución das contradiccións inherentes ao movemento anterior. Por exemplo, a Revolución Francesa constitúe para Hegel a introducción da verdadeira liberdade ás sociedades occidentais por vez primeira na historia escrita.
Sen embargo, precisamente pola súa novidade absoluta, é tamén absolutamente radical: por unha parte, o aumento abrupto da violencia que fixo falta para realizar a revolución non pode deixar de ser o que é, e por outra parte, xa consumiu ao seu opoñente. A revolución, por conseguinte, xa non ten onde voltar máis que ao seu propio resultado: a liberdade conquistada con tantas penurias é consumida por un brutal Reinado do Terror. A historia, non obstante, progresa aprendendo dos seus propios erros: só despois desta experiencia, e precisamente por ela, pode postularse a existencia dun Estado constitucional de cidadáns libres, que consagra tanto o poder organizador benévolo (supostamente) do goberno racional e os ideais revolucionarios da liberdade e da igualdade.
Nas explicacións contemporáneas do hegelianismo -para as clases preuniversitarias, por exemplo- a dialéctica de Hegel a miudo aparece fragmentada, por comodidade, en tres momentos chamados "tesis" (no noso exemplo, a revolución), "antítesis" (o terror subseguinte) e "síntesis" (o estado constitucional de cidadáns libres). Sen embargo, Hegel non empleou persoalmente esta clasificación en absoluto; foi creada anteriormente por Fichte na súa explicación máis ou menos análoga da relación entre o individuo e o mundo. Os estudiosos serios de Hegel non recoñecen, en xeral, a validez desta clasificación, índa que probablemente teña algún valor pedagóxico.
Hegel valeuse deste sistema para explicar toda a historia da filosofía, da ciencia, do arte, da política e da relixión, pero moitos críticos modernos sinalan que Hegel a miudo parece pasar por alto as realidades da historia a fin de facelas encaixar no seu molde dialéctico. Karl Popper, crítico de Hegel en A sociedade aberta e seus inimigos, opina que o sistema de Hegel constitúe unha xustificación tenuemente velada do goberno de Federico Guillermo III e que a idea hegeliana de que o obxetivo ulterior da historia é chegar a un Estado aproximado ó da Prusia do decenio de 1831. Esta visión de Hegel como apólogo do poder estatal e precursor do totalitarismo do século XX foi criticada minuciosamente por Herbert Marcuse en Razón e revolución: Hegel e o surximento da teoría social, argumentando que Hegel non foi apólogo de ningún Estado nin forma de autoridade simplemente porque estes existiran; para Hegel, o Estado debe ser sempre racional. Arthur Schopenhauer despreciou a Hegel polo historicismo deste e tachou a obra de Hegel de pseudofilosofía.
Os de esquerda viron a ser chamados hegelianos xoves e interpretaron a Hegel nun sentido revolucionario, o que os levou a aterse ao ateísmo na relixión e á democracia liberal na política. Entre os hegelianos de esquerda atópanse Bruno Bauer, Ludwig Feuerbach, David Friedrich Strauss, Max Stirner e, o máis famoso, Karl Marx. Os múltiples cismas nesta facción levaron finalmente á variedade anarquista do egoísmo de Stirner e á versión marxista do comunismo.
No século XX, a filosofía de Hegel tivo un gran renacemento: isto foi debido en parte ao seu redescubrimento e reevalucación como proxenitor filosófico do marxismo por marxistas de orientación filosófica, en parte a un rexurdimento da perspectiva histórica que Hegel aportou a todo, e en parte ao crecente recoñecemento da importancia do seu método dialéctico. Algunhas figuras que son relacionadas con este renacemento son Herbert Marcuse, Theodor Adorno, Ernst Bloch, Alexandre Kojève e Gotthard Günther. O renacemento de Hegel tamén puxo de relieve a importancia das súas primeiras obras, é dicir, as publicadas antes da Fenomenoloxía do espíritu.
جورج فيلهلم فريدريك هيغل | Георг Гегель | Георг Хегел | গেয়র্গ ভিলহেল্ম হেগল | George Wilhelm Friedrich Hegel | Georg Wilhelm Friedrich Hegel | Georg Wilhelm Friedrich Hegel | Georg Wilhelm Friedrich Hegel | Georg Wilhelm Friedrich Hegel | Georg Wilhelm Friedrich Hegel | Hegelo | Georg Wilhelm Friedrich Hegel | Georg Wilhelm Friedrich Hegel | Georg Wilhelm Friedrich Hegel | גיאורג וילהלם פרידריך הגל | Georg Wilhelm Friedrich Hegel | Friedrich Hegel | Georg Wilhelm Friedrich Hegel | ゲオルク・ヴィルヘルム・フリードリヒ・ヘーゲル | 게오르크 빌헬름 프리드리히 헤겔 | Georg Wilhelm Friedrich Hegel | Georgius Wilhelmus Fridericus Hegel | Georgas Vilhelmas Frydrichas Hėgelis | Георг Вилхелм Фридрих Хегел | Georg Wilhelm Friedrich Hegel | Georg Wilhelm Friedrich Hegel | Georg Wilhelm Friedrich Hegel | Georg Wilhelm Friedrich Hegel | Georg Wilhelm Friedrich Hegel | Гегель, Георг Вильгельм Фридрих | Georg Wilhelm Friedrich Hegel | Георг Вилхелм Фридрих Хегел | Friedrich Hegel | Georg Wilhelm Friedrich Hegel | Геґель Ґеорґ Вільгельм Фрідріх | 黑格尔
This article is licensed under the GNU Free Documentation License.
It uses material from the
"Georg Wilhelm Friedrich Hegel".
Home Page • arts • business • computers • games • health • hospitals • home • kids & teens • news • physicians • recreation• reference • regional • science • shopping • society • sports • world