article

Lema: Liberté, Egalité, Fraternité
(Francés, Liberdade, Igualdade, Fraternidade)
Lingua oficial Francés Capital París Maior cidade París Presidente Jacques Chirac Primeiro ministro Dominique de Villepin Área
- Total
- % auga 47º maior
547,030 km² ¹
0.26% Poboación
- Total (2003)
- Densidade 20º mais poboado
60,180,529 ¹
110 h./km²; Moeda Euro², moedas de euro francesas Fuso horario UTC +1 (CET) Hino nacional La Marseillaise TLD (Internet) .FR Código telefónico 33 (1) Dados para a Francia Europea (metropolitana)
(2) Antes de 1999: franco francés

Francia é un estado que se localiza no continente europeo, especificamente na Europa occidental. Limitado ao norte polo Canal da Mancha, que separa o continente das Illas Británicas (máis especificamente, do sur da Inglaterra, Reino Unido, e tamén das Illas do Canal), pola Bélxica e polo Luxemburgo, ao leste pola Alemaña, Suíza e Italia, ao sur polo Mónaco, polo Mar Mediterráneo, por España e por Andorra e ao oeste polo Mar Cantábrico e polo Océano Atlántico. A súa capital é París. As súas cidades máis importantes son: Burdeos (Bordeaux) (oeste - Litoral do Oceano Atlántico), Marsella (Marseille) (sur - Mar Mediterráneo), Lion e París.

Orixe etimolóxica


O nome significa "terra dos francos". Os francos foron unha tribo que invadiu a Galia no século V, en tempos da desintegración do Imperio Romano de Occidente. Os francos e os galos -xermanos os primeiros e celtas os segundos, ambos indoeuropeos- fusionados e xunto a outros grupos importantes deron orixe aos franceses. Aínda na actualidade sóese empregar "franco" ou "galo" para se referir ao que é "francés" ou ao que está en relación cos franceses. A configuración das súas fronteiras xeográficas no continente europeo fixo que se lle coñeza como O hexágono.

Historia


As fronteiras da Francia moderna son moi semellantes ás fronteiras da antiga Galia, territorio habitado polos galeses, de orixe Celta. A Galia foi conquistada polos Romanos no século I AC, e os gauleses acabaran por adoptar a cultura e a lingua latinas. O Cristianismo instalouse durante os séculos II e III. As fronteiras do este da Galia ao longo do río Reno foran atravesadas por tribos xermánicas - principalmente os Francos, dos cales ven o antigo nome "Francie" - durante o século IV. A pesar de ser a monarquía francesa moitas veces datada do século V, a existencia continua da Francia coma unha entidade separada comeza coa división do imperio franco de Carlomagno nunha parte leste e unha parte oeste. A parte do leste pode considerarse como o comezo do que é a actual Alemaña, a parte oeste como a Francia.

Os sucesores de Charlemagne dirixiron a Francia ata 987, cando Hugues Capet, Duque de Francia e conde de París, foi coroado Rei da Francia. Os seus sucesores, a dinastía capetiana, dirixiran a Francia ata 1792, cando a Revolución Francesa instalou unha República, nunha época de mudanzas radicais que comezou no 1789.

Vexa tamén: Lista de reis de Francia

Política


Artigo principal: Política da Francia

Francia é unha República democrática semi-presidencialista. O presidente é eleito por sufraxio directo e universal. Existen dúas asambleias eleitas: o Senado, eleito indiretamente, e a Asambleia Nacional, eleita polo voto popular.

Divisións administrativas


Artigo principal: Divisións administrativas da Francia

Francia está dividida en 26 rexións as cales á súa vez dividense nun total de 100 Departamentos.

Xeografía


Véxase tamén: Xeografía de Francia.

Francia é un país moi rico, que disputa coa Alemaña e o Reino Unido a lideranza económica na Unión Europea, pois é a segunda economía da Europa e a cuarta do mundo (EUA, Xapón, Alemaña, FRANCIA, Reino Unido). A capital da Francia, París é unha das cidades máis poboadas do continente, e figura como unha cidade das máis importantes do mundo.

Francia funciona coma un istmo que liga a Península Ibérica ao resto do continente, facendo fronteira coa Bélxica, Luxemburgo, Alemaña, Suíza, Italia, España, Andorra e co Principado de Mónaco. O Eurotúnel liga Francia co Reino Unido, pasando por baixo do Mar do Norte. Por ese túnel circulase soamente en tren, que leva de un país para o outro mercadorías, turistas e pasaxeiros. Francia é privilexiada por ter tres áreas de litoral: a oeste, o Oceano Atlántico, ao norte, o Mar do Norte e ao sur o Mar Mediterráneo.

Economía


Artigo principal: Economía de Francia

Na economia, ten destaque na industria automobilística, aeronáutica, e con gran recoñecimento na súa industria alimenticia, con agropecuaria intensiva e extensiva.

É case autosuficiente en minería, con alta producción de petróleo e carbón mineral.

A economía de Francia combina un extenso sector privado cunha intervención estatal substancial, se ben que en declive. Grandes áreas de terreos fértiles, a aplicación de tecnoloxía moderna e subsidios fixeron de Francia o principal produtor agrícola da Europa Occidental.

O Estado mantén unha considerábel influenza sobre segmentos-chave dos sectores infraestruturais, con cotas maioritarias en firmas ferroviarias, de electricidade, de aviación e de telecomunicacións. Diminuíndo gradualmente o control sobre estes sectores dende o inicio da década de 90. O Estado continúa a vender participacións en France Télécom, en Air France, e nas industrias de seguros, bancaria e de defensa.

Francia xuntouse a outros 10 países membros da UE para lanzar o euro o 1 de xaneiro de 1999, cuxas moedas e billetes substituíron por completo o franco francés no inicio de 2002.

Demografia


Artigo principal: Demografia de Francia

Cultura


Artigo principal: Cultura de Francia

Festivos
Data Nome en galego Nome local Observacións
01/01 día de ano novo jour de l'an/Saint Sylvestre
/04 luns de pascua lundi de Pâques
01/05 día do traballo fête du travail
08/05 vitoria de 1945 victoire de 1945 Segunda Guerra Mundial
/05 xoves da ascensión jeudi de l'Ascension
/05luns de pentecostés lundi de Pentecôte
14/07 festa nacional Fête nationale Revolución Francesa, Fête de la Fédération 1790
/08 Ascensión Assomption
01/11 tódolos santos Toussaint
11/11 armisticio 1918 Armistice de 1918 Primeira Guerra Mundial
25/12 dia do nadal Noël

Datos


Francia é un país rico, ten un PIB de 1432,30 (millóns de dólares) e un PIB per Cápita de 24267(dólares). Apróximadamente ten uns 59.551.227 habitantes, dos que 26.836.000 son poboación activa e un 11,60% están en paro (datos de (2003).No sector primario traballa o 4,10 % da poboación, no secundario 22,70 % da poboación e no terciario o 61,60%.

Francia é un país avellentado: un 18,76 % da poboación ten de 0 a 14 anos, un 60,74 % da poboación ten de 15 a 49 anos e un 20,53 % da poboación ten máis de 60 anos.

Países Europa Francia

Frankryk | Frankreich | Franzia | Francland | فرنسا | Francia | Францыя | Франция | Bro-C'hall | Francuska | França | Francia | Francie | Франци | Ffrainc | Frankrig | Frankreich | Γαλλία | France | Francio | Francia | Prantsusmaa | Frantzia | فرانسه | Ranska | Prantsusmaa | France | France | Frankryk | An Fhrainc | An Fhraing | ફ્રાઁસ | צרפת | फ़्राँस | Francuska | Frans | Franciaország | Ֆրանսիա | Francia | Perancis | Francia | Francia | Frakkland | Francia | フランス | fasygu'e | საფრანგეთი | ಪ್ರಾಂಸ್ | 프랑스 | फ्रांस | Fransa | Pow Frynk | Francia | Fransia | Frankräich | Frankriek | Falansia | Prancūzija | Francija | Frantsa | Франција | Франц улс | फ्रांस | Perancis | France | Frankriek | Fraankriek | Frankrijk | Frankrike | Frankrike | France | França | Франц | Francja | فرانسه | França | Frantscha | Franchiya | Franţa | Франция | फ्रांस | Frantza | Francia | Fraunce | France | Francúzsko | Francija | Franca | Француска | France | Frankrike | பிரான்ஸ் | Fransa | ประเทศฝรั่งเศส | Pransya | Pranis | Fransa | فرانسىيە | Франція | فرانس | Pháp | פֿראַנקרײַך | 法国 | Hoat-kok | 法國

 

This article is licensed under the GNU Free Documentation License. It uses material from the "Francia - France".

Home Pageartsbusinesscomputersgameshealthhospitalshomekids & teensnewsphysiciansrecreationreferenceregionalscienceshoppingsocietysportsworld