A palabra fotolog en galego ten dúas orixes: derivada do inglés photoblog (bitácora fotográfica) e derivada do sitio Fotolog.net (unha das miles de bitácoras pertencentes a unha comunidade). A diferenza dun álbum de fotos, nun fotolog publícanse unhas poucas fotos diarias, xeralmente unha soa.
Elementos dun fotolog
A palabra fotolog (ou fotoblog) orixinalmente se refería a unha variante de weblog, que consiste basicamente nunha galería de imaxes fotográficas publicadas regularmente por un ou máis amantes da fotografía. O texto é tanto ou máis importante cá foto. Xeralmente esta ilustra un aspecto importante do texto e outras veces o texto describe o contido da foto. Moitas veces se aceptan comentarios na forma de libro de visitas, e estes habitualmente se refiren á fotografía, ou ó igual que calquera weblog, ós feitos relatados. Existen sitios dedicados a hospedar estas bitácoras como Flickr ou Blogspot pero o habitual é que este tipo de fotologs estean nun sitio cuxo dono é unha única persoa. Nestes casos o autor debe usar un software especial, como Movable Type.
Proxectos fotográficos
Hai algunhas antoloxías cronolóxicas de imaxes absolutamente sui géneris, como as que se mencionan a continuación.
O feito de ser gratuíto, sumado a un libro de visitas e á posibilidade de visitar os fotologs dos amigos transformaron a este sitio nunha especie de software social. Rapidamente os usuarios brasileiros superaron ós estadounidenses, e en xaneiro do 2005 eran o 35%. A segunda maioría de usuarios é Chile (9% en xaneiro), a cuarta é Arxentina (4,4%) e a quinta é España (1,6%). Estados Unidos está en terceiro lugar.
A influencia de Fotolog.net en Latinoamérica é tal que tanto en castelán como en portugués a palabra fotolog se usa moito máis ca fotoblog. En inglés, en cambio, fotolog refire exclusivamente o sitio Fotolog.net, photolog ten un uso máis ben reducido e a palabra de uso habitual segue sendo photoblog (ver photoblog na Wikipedia en inglés).
Moitos sitios copiaron a Fotolog.net. A estrutura inventada por este sitio consiste en que a foto máis recente, dun tamaño duns 12×8 cm está na parte central da pantalla. Debaixo aparecen comentarios en forma de libro de visitas. Á esquerda aparecen 5 ou 6 miniaturas das fotos anteriores e á dereita miniaturas da última foto de fotologs de amigos. Por último, debaixo destas miniaturas aparecen enlaces favoritos, que habitualmente son fotologs noutros sitios. En xeral o número de fotos está limitado non na súa cantidade senón no número de fotos diarias que é posible subir.
Este tipo de fotolog é unha moda entre os adolescentes. A única estatística de idades dispoñible * é a de PhotoBlog, sitio orientado a fotógrafos. Sen embargo, un 58% dos membros teñen menos de 18 anos. É posible que noutros sitios, dedicados especificamente a un público xuvenil, a cifra sexa inda maior.
A maioría destes sitios non se financian, pese a ter publicidade, e teñen usuarios gold que axudan a cubrir os gastos. O referente de Fotolog.net é tan potente que a palabra gold non se traduce, e incluso existen os gold jotes.
A segunda copia hispanoamericana de Fotolog.net (e que por longo tempo era a que tiña máis usuarios) é outro sitio chileno, Jotelog.cl, que en febreiro do 2005 superou os 100.000 usuarios, sendo o segundo sitio hispanoamericano con máis usuarios despois de Terra Chile.
A única copia non latina de Fotolog.net é PhotoBlog.be, hoxe PhotoBlog.net. Así a todo neste sitio belga tamén predominan os chilenos e brasileiros. En abril do 2005 superou os 80.000 usuarios, pero o seu crecemento diminuíu moito dende que o sitio deixase de ser gratuíto despois de tres meses de uso.
No 2004 apareceron versións brasileiras, como Flog Brasil.
En xullo do 2004 Terra Brasil creou o seu fotolog, que ten versións gratuítas e de pago, e permite enviar fotos dende un teléfono celular. A principios de maio do 2005 superaron os 500.000 usuarios *. En setembro apareceu o sitio de Chile (que en agosto do 2005 superou os 200.000 usuarios). Terra foi incorporando a outros países sen tanto éxito, agás o caso de Terra Arxentina, que partiu en febreiro do 2005 e en xullo xa tiña 150.000 usuarios.
Aparentemente é posible encontrar programas gratuítos para facer clons de Fotolog.net, e en todo caso estes seguen aparecendo. A segmentación chegou a tal grao que existe GayFotolog, coa enxeñosa característica de que só os usuarios rexistrados poden pór comentarios, co que evitan a homofobia habitual nestes casos. Outra curiosidade son os fotologs pornográficos nos que as fotos supostamente son de afeccionados.
A seguinte cita xustifica en parte a afirmación de que en Fotolog.net prefiren os fotógrafos ás comunidades * ¿É necesario que as miñas fotos sexan artísticas? Non. Poden ser do tema que ti queiras. Pero se es constante e tratas de publicar unha foto tódolos días, apostamos a que empezarás a buscar temas interesantes e enfoques inusuais e deste modo empezarás a ser un fotógrafo cada vez mellor. Este enfoque é impensable en Jotelog.cl u outros clons chilenos.
En PhotoBlog hai un 58% de usuarios adolescentes. O país con máis membros é Chile (35%) e logo vén Brasil. Inda que inicialmente os seus donos agradeceron a presenza chilena e brasileira, despois cambiaron de opinión. Aquí * din Para a xente que está buscando unha solución gratis: por favor abran unha conta gratis noutro lugar. PhotoBlog está buscando fotógrafos comprometidos coa ambición de construír un portafolio e unha rede de contactos de alto valor. Para reducir ós usuarios adolescentes, fai un tempo empezaron a cobrar a partir do terceiro mes de estar rexistrado. Isto significou que o número de usuarios chilenos mantívose practicamente estático durante todo o 2005.
Contrastando cos máis de dez clons de Fotolog.net case non hai comunidades de fotolog que se apartasen do modelo. Un caso importante é o sitio de España esfLOG. Este sitio conta coas mesmas características que fixeron popular a Fotolog.net; gratuíto, con importancia ós comentarios e con enlaces ós fotologs dos amigos; inda que con distinta diagramación. En abril do 2005 superou os 10.000 usuarios. Inda que foi creado 8 meses despois que fotolog.cl aparentemente estaban enchendo un baleiro na web peninsular porque no seu lanzamento dicían “xa era hora de que houbese un en español para todos nós!”.
Actualmente xurdiu * o primero fotolog de fala galega, con bastantes novidades con respecto os anteriores, tales coma unha maior configuración cara ó usuario (permite subir ata follas de estilo), ten sistema de rss para comentarios e fotografias e esta valeiro de publicidade, sen duda unha boa nova.
A maioría das copias de Fotolog.net optaron polas comunidades de amigos, como o demostran os seguintes slogans:
Outras copias de Fotolog.net optaron por unha estratexia distinta, coa aparente ilusión de liberdade da comunidade de software libre, promoven o seu sitio co slogan "O único fotolog do mundo sen límites", tal é o caso de kfotos.net que non limita a cantidade de fotos que o usuario pode publicar.
Aquí se inclúen dúas estatísticas que mostran por que case tódolos sitios de comunidades de fotologs son chilenos. Hai que ter en conta que estas estatísticas son moi pouco confiables, pero non hai datos mellores.
Por unha parte, veremos o número de fotologs de Fotolog.net por cada mil habitantes. Aquí hai que pensar que moita xente mente sobre o seu país.
| País | Fotologs en Fotolog.net | Fotologs por 1000 habitantes |
|---|---|---|
| Chile | 120.000 | 7,8 |
| Arxentina | 78.000 | 2,1 |
| Brasil | 404.000 | 2,4 |
| EE.UU. | 104.000 | 0,36 |
A segunda estatística é o número de fotologs en Terra por mil habitantes. Cada un dos sitios de Terra partiu nun momento diferente, e ninguén obriga a unha persoa a inscribirse no sitio Terra do seu propio país, polo que estas cifras son menos confiables cás de Fotolog.net. Así a todo, Terra está en español, o que atrae a aquelas persoas que nunca usarían un sitio en inglés.
| País | Fotologs en Terra de cada país | Fotologs por 1000 habitantes |
|---|---|---|
| Chile | 153.000 | 9,8 |
| Brasil | 518.000 | 2,9 |
| Arxentina | 55.000 | 1,4 |
Datos do 15/5/05
http://es.bippie.com ex movster.com http://chilelog.com http://www.flogao.com.br http://www.flogbrasil.com.br [http://www.fotolog.com.cn http://www.fotolog.com.mx http://fotologchile.com http://www.gayfotolog.com http://www.gigafoto.com.es http://www.gigafoto.com.br http://gigafoto.cl http://www.gigafoto.net http://hyperfotos.com http://mifotolog.cl http://vagolog.cl
Fotolog | Fotolog | Fotoblog | Photoblog | Fotolog | فوتوبلاگ | Photoblog | Myndakorkur | Fotoblog | Flog | Фотоблог