- |
No final do século XVIII e inicio do século XIX, a Mecánica coñeceu grandes desenvolvementos teóricos. Como enxeñeiro, Coriolis interesouse en tornar a mecánica teórica aplicable na comprensión e no desenvolvemento de máquinas industriais. No seu artigo Sur les équations du mouvement relatif des systèmes de corps (1835), Coriolis define matematicamente a forza que, máis tarde, levaría o seu nome. Neste artigo, a forza de Coriolis aparece como un componente suplementario da forza centrífuga, sentida por un corpo en movemento relativo a un sistema de referencia en rotación, como acontece, por exemplo, nas engranaxes dunha máquina.
O argumento de Coriolis baseábase na análise do Traballo e da enerxía potencial e cinética nos sistemas en rotación. Hoxe en día, a demostración máis utilizada para ensinar a forza de Coriolis bota man da Cinemática.
Foi no final do século XIX cando a forza de Coriolis fixo a súa aparición na literatura meteorolóxica e oceanográfica. O termo "forza de Coriolis" apareceu no comezo do século XX.
A forza de Coriolis é perpendicular ao eixo de rotación do sistema de referencia e ao vector da velocidade do corpo en movemento. Se o corpo se afasta do eixo de rotación, se exerce no sentido contrario da rotación. Se o corpo se aproxima o eixo de rotación, se exerce no mesmo sentido que a rotación.
Pódese representar como un produto vectorial utilizándose o vector unitario paralelo ao eixo de rotación:
Pódese, ademais, multiplicar a velocidade angular con , o que produce o vector . O vector describe así a dirección e a velocidade angular. Coa masa m e mailo vector velocidade a ecuación transfórmase entón en:
En Física clásica, califícase a forza de Coriolis ficticia, ou inercial, debido ao feito de que existe somente nun sistema de referencia acelerado, no caso nun movemento circular que é sometido a unha aceleración centrípeta, e non nun sistema de referencia en repouso ou en movemento rectilíneo uniforme. Neste caso, a forza de Coriolis aparéntase á forza centrífuga, e como a forza centrífuga, a forza de Coriolis maniféstase somente en referenciais en rotación. sen embargo, a forza de Coriolis depende da velocidade do corpo en movemento, e é nula, por definición, no caso dun corpo imoble nun sistema de referencia en rotación. A forza centrífuga, pola súa vez, depende da posición do corpo en relación ao centro de rotación. Pódese así dicir que a forza centrífuga e o componente estático da forza inercial se manifesta no sistema de referencia en rotación, encanto que a forza de Coriolis é o componente dinámico.
O concepto de forza ficticia trae a cuestión que é unha forza "verdadeira"? As forzas ficticias non existen na Relatividade Xeral, un argumento que pode simplificar radicalmente esta cuestión ao lembrar que o sistema de referencia en repouso ou en movemento rectilíneo uniforme (en relación ás "estrelas fixas") é un concepto esencialmente newtoniano que foi reclasificado ao nivel de aproximación útil pola mecánica relativista.
A forza de Coriolis dá orixe a diversos fenómenos na superficie da Terra: influencia o movemento das masas de ar, desvía a traxectoria de proxectís de longo alcance e causa unha modificación no plano do movemento dun péndulo, como demostrou Foucault na súa experiencia do péndulo de Foucault en 1851 no Panthéon.
Unha experiencia colocando en evidencia a forza de Coriolis pode ser feita como segue:
Da mesma forma, atribuise á forza de Coriolis alteracións na rotación da Terra causadas, por exemplo, por terremotos.
Sobre os traballos orixinais de Coriolis que levaron á comprensión da forza de Coriolis:
Coriolis, G.G., 1832: Mémoire sur le principe des forces vives dans les mouvements relatifs des machines. Journal de l'école Polytechnique, Vol 13, 268-302
Coriolis, G.G., 1835: Mémoire sur les équations du mouvement relatif des systèmes de corps. Journal de l'école Polytechnique, Vol 15, 142-154
Sobre a Historia dos feitos: Person, Anders, 1998: How Do We Understand the Coriolis Force? Bulletin of the American Meteorological Society, Vol 79, No 7
কোরিয়োলি ক্রিয়া | Coriolisova síla | Corioliseffekten | Corioliskraft | Coriolis effect | Koriolisforto | Fuerza de Coriolis | Coriolisi efekt | Coriolis-ilmiö | Force de Coriolis | כוח קוריוליס | Forza di Coriolis | コリオリの力 | 코리올리 효과 | Corioliseffect | Corioliskraft | Efekt Coriolisa | Força de Coriolis | Сила Кориолиса | Coriolisova sila | Coriolisova sila | Corioliskraft | Coriolis kuvveti | Hiệu ứng Coriolis | 科里奥利力
This article is licensed under the GNU Free Documentation License.
It uses material from the
"Forza de Coriolis".
Home Page • arts • business • computers • games • health • hospitals • home • kids & teens • news • physicians • recreation• reference • regional • science • shopping • society • sports • world