Disciplina da Lingüística que estuda todos os posíbeis sons ou realizacións articulábeis polo ser humano no proceso de comunicación. A Fonética persegue o coñecimento do son lingüístico en xeral.
Tanto a Fonoloxía como a Fonética teñen como obxecto de estudo os aspeitos sonoros do signo lingüístico e o nome das dúas deriva da palabra grega phonos ("voz" ou "son"). A Fonoloxía estuda os sons desde o punto de vista da língua, do sistema, da forma. Para a Fonoloxía o son é unha unidade de lingua virtual, relevante e significativa que posúe un valor determinado. Sen embargo, as unidades da Fonoloxía, os fonemas, son abstractas, son sons inmateriais que son recoñecidos no seo dunha comunidade de fala. A Fonética estuda o son como parte da fala e define unidades actualizadas (isto é, efectivamente realizadas). As unidades da fonética, os sons, pódense definir por medios físicos.
Porén, ambas as dúas disciplinas están interconectadas, porque sen a Fonoloxía non se podería descobrir o verdadeiramente sistemático da língua e sen a fonética a fonoloxía non se podería ter desenvolvido. Encanto a Fonética se ocupa de todas as variacións e de todas as posibilidades que ofrece a materia fónica, a Fonoloxía ocúpase dos sons que posúen un valor diferenciador de significados.
A Fonética manexa procedimentos físicos de medición de son.
O estudo do medio fónico pódese levar a cabo desde tres puntos de vista:
Estas tres focaxes dan lugar aos dous grandes ramos da fonética: a fonética articulatoria e a fonética acústica.
Descrebe as posicións que se adoptan na articulación dos sons para modiicar a saída do ar. Non só dse descreben os sons, senón que se lles asignan rasgos segundo o modo e lo lugar da articulación.O principal método usadoé a auto-observación, pero teñen aparecido outros, entre os que destacan:
Un dos intereses da Fonética Articulatoria actual é a determinación da forma e o volume dos resonadores que se forman na cavidade bucal na realización das diferentes articulacións.
A Fonética Acústica estuda os componentes das ondas complexas dos sons articulados e busca cais son os imprescindíbeis. Usa ou ten usado algunhas destas técnicas:
A Fonética Acústica descrebe esencialmente o timbre e o ton fundamentais máis os seus harmónicos. Por exemplo as vocais e [e poden ter o mesmo ton, mais os seus harmónicos son distintos.
A transcrición fonética é a representación por meio de signos gráficos dos sons efectivamente realizados. O alfabeto máis extendido a nível mundial é o Alfabeto Fonético Internacional, ou AFI, cuxa primeira versión apareceu en 1888 auspiciada pola International Phonetic Association (Asociación Fonética Internacional ou IPA, siglas que tamén se usan para referirse ao alfabeto mesmo). Para o galego usou-se até hai pouco unha adaptación do alfabeto fonético da Revista de Filología Española. Os sons transcrébense entre corchetes.
Fonética | Фанэтыка | Фонетика | Fonetik | Fonètica | Fonetika | Фонетика | Seineg | Fonetik | Phonetik | Φωνητική | Phonetics | Fonetiko | Fonética | Foneetika | آواشناسی | Fonetiikka | Phonétique | פונטיקה | Fonetika | Phonetica | Fonetiko | Fonetica | 音声学 | 음성학 | Phonetik | Fonetiek | Fonetikk | Fonetikk | Fonetyka | Fonética | Fonetică | Фонетика | Fonetika | Glasoslovje | Fonetika | Фонетика | Fonetik | ஒலிப்பியல் | Фонетика | 语音学
This article is licensed under the GNU Free Documentation License.
It uses material from the
"Fonética".
Home Page • arts • business • computers • games • health • hospitals • home • kids & teens • news • physicians • recreation• reference • regional • science • shopping • society • sports • world