É unha das grandes penínsulas de Eurasia (segundo como se considere, a maior delas), á que de forma convencional e por motivos históricos considérase un continente propio. Europa exténdese na metade oriental do Hemisferio Norte, dende o Océano Glacial Ártico polo norte ata o Mar Mediterráneo polo sur. Polo leste, chega ata o Océano Atlántico, admitíndose que polo leste limita con Asia nos Montes Urais e o Cáucaso, compartindo entre ámbolos continentes o Mar Caspio
Extensión: 10.530.751 km², representando o 7% das terras emerxidas.
Xeografía humana
A poboación europea é maioritariamente de raza branca ou caucásica, dividida en dous grandes grupos subétnicos: os nórdicos, que soen ter unha pigmentación de pel branca crara e rosada, cabelo loiro, ollos entre azuis, verdes e castaños craros, e os mediterráneos que poden ter a pel branca crara ata a pel morena escura, a maioría con cabelo castaño escuro ou negro, cos ollos que varían moito pero na maior parte son de cor castano escuro ou pardusco. Ámbolos dous grupos posúen individuos de cabelo ondulado.
Foron varios grupos étnicos os que invadiron o continente europeo. Entre eles destacamos ós íberos, celtas, xermanos, vikingos, latinos ou romanos, etruscos, os helénicos ou gregos, eslavos, .... como orixinarios de dito continente outros e da inmigración do continente asiático (árabes, xudeos, fenicios, asirios, xitanos, etc.).
Na Europa na actualidade existen outros tipos de inmigrantes, entre eles os asiáticos do lonxano oriente, os provintes da África e mailos latinoamericanos amerindios.
''Ver: Entorno natural da Unión Europea, Aglomeracións urbanas na UE
Existen moitas linguas no continente europeo como consecuencia da diversificación das súas raíces ancestrales en diferentes dialectos. Así, do latín proceden as linguas romances (o castelán, o francés, o occitano, o sardo, o italiano, o romano, o portugués, o galego, o catalán, o retoromano ou grisón, o francoprovenzal etc.); do xermano (inglés, holandés, alemán, frisón, sueco, danés, noruegués, islandés ,feroés; do eslavo (ruso, polaco, checo,búlgaro, bielorruso, ucraniano, sorabo, serbio-croata, esloveno ,eslovaco) e de raíces macedónicas, do grupo ugro-finés (finés, estonio, húngaro, etc.), do céltico (irlandés, gaélico ,bretón , manx ,escocés), do helénico (o grego), grupo báltico (letón, lituano), linguas de orixe asiático albanés etc. O éuscaro ou basco ten unha orixe aínda non determinado con seguridade.
Outras: Lapón, Turco
As relixións maioritarias de Europa son as cristianas. Nos países mediterráneos profésase a relixión católica, que tamén é practicada nalgúns países do norte e balcánicos, o protestantismo no norte e centro de Europa, e ortodoxa, comandada polas diversas igrexas gregas ou ortodoxas nos Balcáns e Rusia.
Existe tamén unha minoría de persoas que profesan o xudaísmo e o islamismo (con forte crecemento debido á inmigración), e outras relixións minoritarias. Unha boa parte recoñece non profesar ningunha ou non practicar.
''Ver: Demografía da Unión Europea, Migración na Unión Europea.
''Ver: Cultura na Unión Europea
Todos os seres humáns proceden de África e de alí foron chegando a Europa varias especies, comezando polo Homo Erectus. O Home do Neanderthal foi a única especie humana autóctona de Europa. De todas elas só sobreviviu ata a actualidade, como no resto do planeta, o Homo sapiens sapiens.
Dende comezos da década de 1990, Europa viu cambiar a súa división política de xeito considerabel coma consecuencia da caída da URSS e o desmembramento de Iugoslavia e Checoslovaquia (Revolución de Veludo, 1993).
Países que constitúen Europa na actualidade:
Países con parte do seu territorio en Europa:
Por outra banda, a liña divisoria entre Europa e Asia é obxecto de discusión e, por convención, establécese nos Montes Urais e mailo río Ural, así como tamén o Caúcaso. Hai quen considera, polo tanto, que Casaquistán (Kazakhstán) -no límite dos Montes Urais- e Xeorxia, Armenia e Acerbaixán -no límite do Caúcaso - forman parte de Europa (mesmo nas distintas wikipedias non hai acordo sobre a lista de países que forman parte de Europa).
Algúns datos para aclarar esta afirmación:
Ver: Entorno natural da Unión Europea
Ver: Economía da Unión Europea
Ver tamén:
Europa | Europa | Europa | Europa | أوروبا | Europa | Iwrupa | Эўропа | Европа | ইউরোপ | Europa | Evropa | Europa | ᎡᎶᏆ | Europa | Evropa | Eùropa | Европа | Ewrop | Europa | Europa | Ευρώπη | Europe | Eŭropo | Europa | Euroopa | Europa | اروپا | Eurooppa | Evropa | Europe | Europe | Jeropa | An Eoraip | Europa | Europa | યુરોપ | ʻEulopa | אירופה | यूरोप | Europa | Ewòp | Európa | Europa | Eropa | Europa | Evrópa | Europa | ヨーロッパ | ევროპა | Еуропа | ಯುರೋಪ್ | 유럽 | Ewropa | Europa | Europa | Europa (Kontinent) | Europa | Europa | Eiropa | Ūropi | Европа | Europa | Eropah | Iurop | Eutlocpan | Europa | Europa (continent) | Europa | Europa | Euròpa | Europa | Europa | Iwrupa | Europa | Evropa | Европа | Europa | Europa | Europe | Eurohpá | Evropa | Europe | Európa | Evropa | Evropa | Европа | Europa | Europa | Ulaya | ஐரோப்பா | ทวีปยุโรป | Yurop | Avrupa | Европа | Європа | Evropa | Châu Âu | Urope | אייראפע | 欧洲 | Au-chiu