article

Estrabón (64 ou 63 a.C. - 24) foi un xeógrafo grego.

Naceu no seo dunha familia rica de Amaseia (actual Amasia, Turquía) que no tempo do seu nacemento pasara a formar parte do Imperio romano. Estudou na súa cidade natal e en Roma. Viaxou por case todas as terras da ecúmene, chegando ata Armenia e Etiopía.

Escribiu unha Historia, continuadora da obra de Polibio, en 43 volumes, da que só se conserva un fragmento dun papiro.
A súa Geographika, que comprende 17 libros pódese considerar unha enciclopedia do coñecemento xeográfico da súa época. Consérvase completa, agás algúns fragmentos do Libro VII.

  • Os libros I e II constitúen unha longa introdución á obra
  • Os libros III a X describen Europa, con especial atención a Grecia.
  • Os libros XI e XVII describen Asia menor.
  • O libro XVII describe África (Exipto e Libia).

Estrabón é unha fonte esencial para coñecermos os comezos da romanización da Galia e a Península Ibérica, para esta última utilizou como fonte, sobre todo, a Posidonio, pero tamén a Asclepíades, Artemidoro e Polibio.

Estrabón é o autor antigo que máis información achega sobre Gallaecia, da que fala no capítulo III do Libro III.

Historia | Historiadores | Grecia Antiga | Gregos | Literatura Grega

Страбон | Strabon | Στράβων | Strabo | Estrabón | استرابو | Strabon | Strabon | סטרבו | Strabon | Sztrabón | Strabone | Strabo (historicus) | Strabo | Strabon | Estrabão | Страбон | Strabon | Страбон | Strabon | Strabon | Страбон | 斯特拉博

 

This article is licensed under the GNU Free Documentation License. It uses material from the "Estrabón".

Home Pageartsbusinesscomputersgameshealthhospitalshomekids & teensnewsphysiciansrecreationreferenceregionalscienceshoppingsocietysportsworld