article Related Topics:
España
 

España é un país que se atopa no suroeste de Europa. Ó nordeste limita con Francia e Andorra, Pirineos por medio. Ó oeste linda con Portugal, país co que forma a Península Ibérica. España inclúe tamén as Illas Baleares no Mar Mediterráneo, as Illas Canarias no Océano Atlántico e as cidades de Ceuta e Melilla no norte de África.

Reino de España (castelán e galego)
Regne d'Espanya (catalán)
Espainiako Erresuma (éuscaro)

-

-

-
Bandeira de España Escudo de España

- Lema: Plus Ultra (máis aló)
-
- linguas oficiais Castelán (en todo o territorio)
Catalán (en Cataluña, Illas Baleares, Comunidade Valenciana (co nome de 'valencià'), Éuscaro (no País Vasco e Navarra), Galego (en Galiza), a Lingua de signos (desde o 13 de xaneiro de 2006)
- Capital Madrid
- Xefe do estado S.M. Juan Carlos I
- Presidente do Goberno José Luis Rodríguez Zapatero
- Superficie
 - Total
 - % agua Lugar n 50
504.782 km²
1,04%
- Poboación
 - Total (2004)
 - Densidade Lugar n 29
43.197.684
85/km²
- Moeda Euro¹
- Franxa horaria UTC 0 (Canarias), +1 (Península, Baleares, Ceuta e Melilla) (Adiántase unha hora no verán)
- Xentilicio Español
- Himno nacional Marcha Real
- Internet TLD .ES
- Código telefónico 34
- (1) Antes de 1999: peseta

Historia


Artigo principal: Historia de España

Goberno e Política


Artigo principal: Goberno e política de España

Poderes do Estado

Poder executivo O xefe de estado é o rei Xoán Carlos I. O xefe do goberno é o Presidente, proposto polo rei e elixido polo Congreso dos Deputados. O presidente encárgase de nomea-los ministros. O executivo recibe o apoio do Consello de Estado para consultas específicas.

Poder lexislativo Formado polo Congreso dos Deputados, con 350 membros elixidos polos cidadáns maiores de 18 anos cada catro anos, e o Senado con 259 membros.

Poder xudicial O máis alto tribunal é o Tribunal Supremo. Cada Comunidade Autónoma ten un Tribunal Superior de Xustiza. O Tribunal Constitucional encárgase de interpreta-la Constitución. Do mesmo xeito, hai Audiencias provinciais e unha Audiencia Nacional, especializada en delitos de terrorismo, narcotráfico, etc. Existe un Consello Xeral do Poder Xudicial e un Fiscal do Estado.

Altas institucións do Estado

España é unha monarquía parlamentaria desde a súa Constitución de 1978.

En España, as chamadas Altas institucións do Estado son:

Articulan os poderes do Estado e equilibran as relacións de poder do mesmo.

Partidos políticos principais

De ámbito estatal (representados no Congreso ou o Senado) e por orde alfabética:

De ámbito local (presentes en concellos e/ou comunidades autónomas):

Organización político-administrativa


Artigo principal: Organización político-administrativa de España

España é unha monarquía parlamentaria dende a Constitución de 1978.

España divídese administrativamente en 17 comunidades e 2 cidades autónomas, con distintos graos de autogoberno.

Cidades autónomas:

España está tamén dividida en 50 provincias

Xeografía


Artigo principal: Xeografía de España

Situada en Europa Occidental, ocupa a meirande parte da Península Ibérica e, fóra, dous arquipélagos (Illas Canarias no Océano Atlántico e Illas Baleares no Mar Mediterráneo) e dúas cidades, Ceuta e Melilla, no norte de África.

En extensión territorial é o terceiro país de Europa (excluida Rusia), por detrás de Ucraína e Francia, e o segundo maior da Unión Europea.

Os límites físicos de España son, principalmente, os da Península Ibérica, a cal comparte con Portugal, Andorra e a colonia británica de Xibraltar. Portugal e o Océano Atlántico ó oeste, o Mar Mediterráneo ó leste, o Estreito de Xibraltar ó sur e os Pirineos, xunto co Golfo de Biscaia e o Mar Cantábrico ó norte.

Os principais sistemas montañosos son: Pirineos, Sistema ibérico, Carpetana, Oretana e Cordilleiras Béticas (Subbética y Penibética).

Os ríos máis caudalosos son: río Ebro, río Teixo (en español río Tajo), río Douro, río Guadiana, río Guadalquivir, río Miño, río Segura, río Xúcar (en español río Júcar).

Economía


Artigo principal: Economía de España

Cun Producto Interior Bruto de US$ 885,500 millóns de dólares e unha renda per capita de US$ 22,000 (2004), España é unha das grandes economías europeas e mundiales. A esperanza de vida da súa poboación está entre as 3 máis elevadas do mundo e a mortandade infantil entre as máis baixas.

Demografía


Artigo principal: Demografía de España

40.499.791 habitantes ó 1 de xaneiro de 2000, segundo o Instituto Nacional de Estatística (INE), distribuídos por Comunidades Autónomas:


-
Comunidades Autónomas Habitantes
-
Andalucía 7.340.052
-
Aragón 1.189.909
-
Principado de Asturias 1.076.567
-
Illas Baleares 845.630
-
Canarias 1.716.276
-
Cantabria 531.159
-
Castela-A Mancha 1.734.261
-
Castela e León 2.479.118
-
Cataluña 6.261.999
-
Comunidade Valenciana 4.120.729
-
Extremadura 1.069.420
-
Galiza 2.731.900
-
Comunidade de Madrid 5.205.408
-
Rexión de Murcia 1.149.329
-
Comunidade Foral de Navarra 543.757
-
País Vasco 2.098.596
-
A Rioxa 264.178
-

-
Cidades Autónomas
-
Ceuta 75.241
-
Melilla 66.263

Cultura


Artigo principal: Cultura de España

Festas estatais


1 de xaneiroAninovo
6 de xaneiroEpifanía
Reis Magos
19 de marzoSan Xosé
Día do pai
1 de maioDía do traballador
25 de xulloSantiago Apóstolo
15 de agostoAsunción
12 de outubroFesta Nacional de España
Día da Hispanidade
Virxe do Pilar
1 de novembroDía de tódolos Santos
6 de decembroDía da Constitución
8 de decembroInmaculada Concepción
25 de decembroDía de Nadal

Miscelánea


Véxase tamén:

Países Europa España

Spanje | Spanien | España | إسبانيا | España | Гішпанія | Испания | স্পেন | Spagn | Španija | Espanya | Španělsko | Szpańskô | Sbaen | Spanien | Spanien | Ισπανία | Spain | Hispanio | España | Hispaania | Espainia | اسپانیا | Espanja | Hispaania | Espagne | Spagne | Spanje | An Spáinn | An Spàinn | સ્પેઇન | ספרד | Španjolska | Espay | Spanyolország | Espania | Spanyol | Espania | Hispania | Spánn | Spagna | スペイン | ესპანეთი | 에스파냐 | Spanya | Spayn | Hispania | Espanya | Spuenien | Spanje | Ispanija | Spānija | Pāniora | Шпанија | स्पेन | Sepanyol | Spanja | Caxtillan | Spanien | Spanje | Spania | Spania | Espanha | Испани | Hiszpania | اسپانيا | Espanha | Spagna | Spania | Испания | Ispagna | Spagna | Spain | Spánia | Spain | Španielsko | Španija | Spanja | Шпанија | Spanien | ஸ்பெயின் | ประเทศสเปน | Espanya | Spen | İspanya | Испания | ئىسپانىيە | Іспанія | اسپین | Spagna | Tây Ban Nha | Spanyän | Espanya | שפאניע | 西班牙 | Se-pan-gâ

 

This article is licensed under the GNU Free Documentation License. It uses material from the "España".

Home Pageartsbusinesscomputersgameshealthhospitalshomekids & teensnewsphysiciansrecreationreferenceregionalscienceshoppingsocietysportsworld