A escala de Richter cuantifica a magnitude sísmica dun terremoto.
A escala de Richter foi desenvolvida en 1935 polos sismólogos Charles Francis Richter e Beno Gutenberg, ambos membros do California Institute of Technology (Caltech), que estudaban sismos no sur da California
É unha escala logarítmica : a magnitude de Richter corresponde ao logaritmo da medida da amplitude das ondas sísmicas de tipo P e S a 100 km do epicentro.
A fórmula utilizada é ML = logA - logA0 onde A representa a amplituda máxima medida no sismógrafo e A0 unha amplitude de referencia.
Así, por exemplo, un sismo con magnitude 6 ten unha amplitude 10 veces maior que un sismo de magnitude 5. Sen embargo, o sismo de magnitude 6 libera preto de 31 veces máis enerxía que o de magnitude 5.
Na práctica, a escala está graduada de 1 a 9 mais teoricamente é ilimitada.
O sismo máis forte xamais rexistado foi o Gran Terremoto do Chile, o 22 de maio de 1960, que acadou o valor de 9,5 nesta escala.Do outro lado da escala, a caída dunnha tella dunha altura de 1m ten a magnitude -2.
A escala de Richter non permite evaluar a intensidade sísmica dun sismo nun lugar determinado, e en particular en zonas urbanas. Para iso, utilizanse escalas de intensidade tais como a escala de Mercalli.
A magnitude é única para cada sismo, mentres que a intensidade das ondas sísmicas diminúe conforme a distancia das rochas atravesadas polas ondas e as liñas de falla.
Richterskaal | مقياس ريختر | Скала на Рихтер | রিখটার পরিমাপ | Escala de Richter | Richterova stupnice | Richterskalaen | Richterskala | Κλίμακα ρίχτερ | Richter magnitude scale | Skalo de Richter | Escala sismológica de Richter | Richteri skaala | Richter eskala | Richterin asteikko | Échelle de Richter | סולם ריכטר | Richter-skála | Skala Richter | Richter-skalo | Richter skalinn | Scala Richter | マグニチュード | რიხტერის სიმძლავრის შკალა | Skala Richter | Schaal van Richter | Richterskalaen | Richters skala | Skala Richtera | Escala de Richter | Scara Richter | Магнитуда землетрясения | Richter scale | Richterjeva lestvica | Richterskalan | ริกเตอร์ | Richter magnitude scale | Richter ölçeği | Шкала Ріхтера | Thang Richter | Schåle di Richter | 里氏地震規模
This article is licensed under the GNU Free Documentation License.
It uses material from the
"Escala de Richter".
Home Page • arts • business • computers • games • health • hospitals • home • kids & teens • news • physicians • recreation• reference • regional • science • shopping • society • sports • world