article

Kongeriget Danmark
Reino da Dinamarca
Lema da Raiña: A axuda de Deus, o amor do pobo, a grandeza da Dinamarca.'' Lingua oficial Dinamarqués1 Capital Copenhaguen Monarca Margarida II de Dinamarca Primeiro ministro Anders Fogh Rasmussen Área
- Total
- %auga 130º maior
43,094 km²
1.6% Poboación
- Total (2004)
- Densidade 104º máis poboado
5,397,640
125 h./km²; Independencia pre-historia, antes do século VIII Moeda Coroa (krone) Fuso horario UTC +1 Hino nacional Der er et yndigt land TLD (Internet) .DK Código telefónico 45 Electricidade 230V, 50 Hz (1) Co-oficial co Inuktitut, na Grenlandia.

Dinamarca é un país do norte da Europa composto pola península da Xutlandia e por un arquipélago de illas chas e baixas. Está limitada ao norte polo estreito de Skagerrak, que a separa da Noruega, ao este polo estreito de Kattegat, que a separa da Suecia, e polo Mar Báltico, ao sur pola Alemaña e ao oeste polo Mar do Norte.

Historia


Artigo principal: Historia de Dinamarca

A orixe de Dinamarca está perdida na prehistoria. Pero a Dannevirke (muralla) máis antiga data do século VII, o mesmo que o novo alfabeto rúnico.

Dinamarca foi unificada por Harald Blatand ó redor de 980. Para o século XI os daneses eran coñecidos como parte dos Vikingos, que colonizaban, saqueaban e comercializaban na maior parte de Europa.

En varias ocasións Dinamarca controlou Inglaterra, Noruega, Suecia, Islandia, parte das Illas Virxes, parte da costa do Báltico e o que é agora o norte de Alemaña. Scania foi parte de Dinamarca durante a maior parte da súa historia, pero foi perdida e cedida a Suecia no 1658. A unión con Noruega foi disolta no 1814, cando Noruega ingresou nunha nova unión con Suecia (ata 1905).

O movemento liberal e nacional danés chegou ó seu cumio nos anos 1830 e, logo das revolucións europeas de 1848, Dinamarca convertiuse nunha monarquía constitucional o 5 de xuño de 1849.

Despois da Guerra dos Ducados en 1864, Dinamarca foi forzada a ceder Schleswig-Holstein a Prusia, unha derrota que deixou fondas marcas na identidade nacional danesa. Logo deste feito, Dinamarca adoitou unha política de neutralidade, que mantivo durante a Primeira Guerra Mundial.

O 19 de abril de 1940, Dinamarca foi invadida pola Alemaña nazi e permaneceu ocupada durante a Segunda Guerra Mundial, a pesar dalgunha resistencia interna. Despois da guerra, Dinamarca convertiuse en membro da OTAN, e en 1973 membro da Comunidade Económica Europea, que anos máis tarde transformouse na UE.

Política


Artigo principal: Política de Dinamarca

En 1849, Dinamarca pasou a ser unha monarquía constitucional coa adopción dunha nova constitución. O monarca é formalmente o xefe de estado, pero ese papel é e grande medida cerimonial. O poder executivo é exercido polos ministros, sendo o primeiro ministro un primeiro entre iguais (primus inter pares). O poder lexislativo está investido no parlamento, coñecido como Folketing, que consiste en (non máis de) 179 membros. Os tribunais da Dinamarca son funcional e administrativamente independentes dos poderes executivo e lexislativo.

As eleccións para o parlamento teñen lugar xeralmente cada catro anos, pero o primeiro ministro pode convocar eleccións anticipadas.

Subdivisións


Artigo principal: Subdivisións de Dinamarca

Xeografía


Artigo principal: Xeografía de Dinamarca

Dinamarca consta da península de Xutlandia (Jylland) e de 405 illas con nome, das cales 79 están habitadas, e entre as que as máis importantes son Fyn e a Zelandia (Sjælland). A illa de Bornholm localízase un pouco ao leste do resto do país, no mar Báltico. Moitas das illas están ligadas por pontes. A ponte do Øresund liga a Zelandia á Suecia e a ponte do Grande Belt liga Fyn á Zelandia.

O país é, en xeral, plano e con poucas elevacións (os puntos máis elevados son o Ejer Baunehøj e o Yding Skovhøj, ambolosdous con cerca de 173 metros de altitude. O clima é temperado, con invernos suaves e veráns frescos. As cidades principais son a capital, Copenhaga (na Zelandia), Aarhus (na Xutlandia) e Odense (en Fyn).

Economía


Artigo principal: Economía de Dinamarca

A economía de Dinamarca é dependente dos intercambios comerciais cos outros países e da capacidade de influencia nas conxunturas internacionais e nos factores económicos. O valor das exportacións e importacións representa cerca dun terzo do valor do PIB. Grande parte dos intercambios comerciais son feitos con países da UE (Unión Europea). O socio de comercio bilateral máis importante é Alemaña, tendo unha boa interacción económica con Suécia e Gran Bretaña. Fóra da UE, Dinamarca mantén relacións comerciais con Noruega, os Estados Unidos e o Xapón.

Desde a Segunda Guerra Mundial, as exportacións dinamarquesas expandíronse. A venda de produtos industriais superou a exportación agraria, ocupando un lugar cada vez máis importante dentro da pauta de exportacións de Dinamarca. No final dos anos 90, a exportación industrial constituíu aproximadamente o 80% do valor total das vendas ao exterior, mentres as vendas de produtos agrarios representou o 11%. As áreas de ferramentas e maquinaria forman o 26% do tamaño das exportacións industriais, os produtos químicos representa o 12% e os produtos da industria agroalimenticia, incluído carne de conserva, chega ao 4%. O forte crecemento económico de Dinamarca entre os anos 60 e 80 non se viu reflectido nun bo desempeño nos anos 90, o que influenciou nunha lixeira queda na exportación na área de servizos. No capítulo de importacións, os principais produtos comprados son materias primas e produtos semifabricados, incluíndo a enerxía. A compra de maquinaria e equipamentos de produción para industria e comercio representa o 67% do valor total de importacións. Nos anos 80, a importación de enerxía caeu significativamente, debido ao aumento da produción interna de petróleo. Os outros 33% de importacións son de produtos de consumo, especificamente automóbiles.

Demografía


Artigo principal: Demografía de Dinamarca

Cultura


Artigo principal: Cultura de Dinamarca

O dinamarqués máis coñecido é probabelmente Hans Christian Andersen, un escritor famoso principalmente debido aos seus contos de fadas, como As Roupas Novas do Emperador ou O Patiño Feo.

Outros dinamarqueses coñecidos son:

Ver tamén:

Festivos
Data Nome en galego Nome local Observacións

Véxase tamén


Países Europa Dinamarca

Denemarke | Dänemark | Dinamarca | Denemearc | دانمارك | Dinamarca | Данія | Дания | ডেনমার্ক | Danmark | Danska | Dinamarca | Dánsko | Dëńskô | Дани | Denmarc | Danmark | Dänemark | Δανία | Denmark | Danio | Dinamarca | Taani | Danimarka | دانمارک | Tanska | Taani | Danmark | Danemark | Denemark | An Danmhairg | An Danmhairg | דנמרק | डेनमार्क | Danska | Dànmak | Dánia | Դանիա | Danmark | Denmark | Dania | Danmörk | Danimarca | デンマーク | დანია | 덴마크 | Ḍēnamārka | Danîmarka | Danmark | Dania | Daenemark | Danija | Dānija | Данска | Denmark | Denmark | Däänmark | Denmaark | Denemarken | Danmark | Danmark | Dannemar | Danemarc | Дани | Denemarrick | Dania | ډېنمارک | Dinamarca | Danemarca | Дания | डेनमार्क | Dánmárku | Denmark | Dánsko | Danska | Danimarka | Данска | Danmark | டென்மார்க் | ประเทศเดนมาร์ก | Denmark | Danimarka | دانىيە | Данія | Đan Mạch | Danän | דענמארק | 丹麦 | Dan-kok

 

This article is licensed under the GNU Free Documentation License. It uses material from the "Dinamarca - Danmark".

Home Pageartsbusinesscomputersgameshealthhospitalshomekids & teensnewsphysiciansrecreationreferenceregionalscienceshoppingsocietysportsworld