article

A sociedade da Cruz Vermella e da Media Lúa Vermella é unha institución humanitaria, internacional e de carácter voluntario. Fundouna en Suíza no ano 1863 Henri Dunant, dende entón traballa en favor dos colectivos máis vulnerables e necesitados. Defende os dereitos humanos, as minorías étnicas e o medio ambiente. A Cruz Vermella fomenta a cooperación dos países máis ricos cos máis desfavorecidos.

Principios fundamentais


  • Humanidade: A Cruz Vermella tenta previr e alivia-lo sufrimiento humano, traballa pola vida, a saúde e a dignidade humana. Favorece a comprensión, a cooperación e a paz duradeira entre tódolos pobos da Terra.
  • Imparcialidade: Non discrimina a ninguén pola súa nacionalidade, raza, relixión, ideoloxía ou condición social.
  • Neutralidade: Actúa sen tomar parte nas controversias de tipo político, racial, relixioso ou ideolóxico.
  • Independencia: Colabora cos poderes públicos que promoven accións humanitarias, pero mantén unha autonomía baseada nos seus principios.
  • Carácter Voluntario: A Cruz Vermella é unha insitución de socorro, voluntaria e desinteresada.
  • Unidade: En cada pais só existe unha sociedade da Cruz Vermella ou da Media Lúa Vermella, accesible para tódalas persoas en todo o territorio.
  • Universalidade: Tódalas sociedades da Cruz Vermella e da Media Lúa Vermella comparten os mesmos valores e dereitos, son solidarias entre elas e con tódolos pobos.

Ligazóns externas


Organizacións non gobernamentais | Dereitos humanos | Creu Roja | Červený kříž | Internationale Rotkreuz- und Rothalbmond-Bewegung | International Red Cross and Red Crescent Movement | Ruĝa Kruco | Cruz Roja | Gurutze Gorria | صلیب سرخ | Punainen Risti | Mouvement international de la Croix-Rouge et du Croissant-Rouge | הצלב האדום | Gerakan Internasional Palang Merah dan Bulan Sabit Merah | Croce Rossa e Mezzaluna Rossa Internazionale | 国際赤十字 | Tarptautinis Raudonojo Kryžiaus ir Raudonojo Pusmėnulio Judėjimas | Rode Kruis | Røde Kors | Czerwony Krzyż | Comitê Internacional da Cruz Vermelha | Международный Комитет Красного Креста | Červený kríž | Rdeči križ | Röda korset | กาชาด | Phong trào Chữ thập đỏ - Trăng lưỡi liềm đỏ quốc tế | 国际红十字与红新月运动

 

This article is licensed under the GNU Free Documentation License. It uses material from the "Cruz Vermella".

Home Pageartsbusinesscomputersgameshealthhospitalshomekids & teensnewsphysiciansrecreationreferenceregionalscienceshoppingsocietysportsworld