Denomínase Constitución á norma fundamental, básica, dun Estado, escrita ou non, que regule o rexime de dereitos e liberdades fundamentais dos cidadáns, e os poderes (a forma de partición dos poderes, en xeral en tres: Executivo, Lexislativo e Xudicial) e institucións da organización política. Considérase a Constitución a lei básica, pois todas as outras leis do país deben estar de acordo cos principios expresados na Consitución.
Cando se fala de constitución non escrita nun país, isto non quer dicir que non existan naquel país leis cuxo contido sexa materia constitucional (ou sexa, dereitos e liberdades dos cidadáns, e distribución dos poderes e insitucións do Estado), mas si que estas leis nn están corporificadas nun único texto, que se elaborara dunha soa vez. O exemplo máis citado de constitución non escrita é a Constitución Inglesa, que se pode considerar composta pola suma de leis como a Magna Carta de 1215 e outras leis posteriores que dan forma ó conxunto de dereitos e garantías fundamentais dos cidadáns ingleses, e definen (outras destas leis) a estrutura dos poderes no Reino Unido. Xa as constitucións da maioría dos países (exemplos: España, Francia, Estados Unidos, Portugal, India, Romanía, Brasil, etc.) están expresas nun único texto.
Hai textos de constitucións que conteñen poucos artigos, restrinxíndose a enumerar os dereitos e garantias básicos dos cidadáns e a forma de organización do Estado e dos poderes. Un exemplo é a constitución dos Estados Unidos. Más hai tamén constitucións que detallan outros aspectos, por exemplo, no campo do Dereito Civil (como o dereito de familia), Tributario (impostos que existirán no país), Dereito do Traballo (xornada de traballo, dereito de asociación en sindicatos, etc), tornando así o texto constitucional máis extenso. Un exemplo desa última é a constitución do Brasil.
دستور | Конституция | সংবিধান | Constitució | Ústava | Forfatning | Verfassung | Σύνταγμα | Constitution | Konstitucio | Constitución | Põhiseadus | قانون اساسی | Perustuslaki | Constitution | חוקה | Ustav | Alkotmány | Konstitusi | Stjórnarskrá | Costituzione | 憲法 | კონსტიტუცია | 헌법 | Grondwet | Konstitucija | Konstitūcija | Устав | Perlembagaan | Grondwet | Grunnlov | Konstitusjon | Constitution | Konstytucja | Constituição | Constituţie | Конституция | Constitution | Ústava | Ustava | Устав | Grundlag | Katiba | รัฐธรรมนูญ | Saligang batas | Anayasa | Конституція | 宪法 | Hiàn-hoat
This article is licensed under the GNU Free Documentation License.
It uses material from the
"Constitución".
Home Page • arts • business • computers • games • health • hospitals • home • kids & teens • news • physicians • recreation• reference • regional • science • shopping • society • sports • world