article

comportamento s.m.

Maneira de comportarse, de proceder. Non hai queixa do seu comportamento.

A verba comportamento refírese de xeito xeral ás accións dun obxecto ou organismo, usualmente en relación co seu entorno ou mundo de estímulos. O comportamento pode ser consciente ou inconsciente, público ou oculto, voluntario ou involuntario.

Técnicamente, en psicoloxía, o comportamento defínese de dous xeitos:

  1. Todo o que un organismo fai
  2. Cualquera interacción entre un organismo e o seu ambiente

O comportamento na xente (e outros organismos e aínda mecanismos) cae dentro dun rango, sendo algúns comportamentos comúns, algúns inusuais, algúns aceptados, e outros fora dos límites aceptados. A aceptación dun comportamento é avaliada polas normas sociais e regulada por varios medios de control social. O comportamento da xente é estudado por varias disciplinas, incluíndo a psicoloxía, a socioloxía e a antropoloxía no caso do comportamento humano, e a Etoloxía en relación ó enteiro Reino Animal.

Na fala común, non así no discurso científico, ten unha connotación definitoria. A unha persoa ou grupo social (como suma de persoas), defíneselles e clasifícaselles polos seus comportamentos, pode que máis que polas súas ideas, e isto serve para fixar espectativas: 'o que se pode esperar'.

Véxase asemade


Antropoloxía | Psicoloxía | Socioloxía

سلوك | Поведение | Conducta | Adfærd | Verhalten (Biologie) | Behavior | Konduto | Comportamiento | Comportement | התנהגות | Viselkedés | Hegðun | Gedrag | Zachowanie | Comportamento | Поведение | Behavior | Beteende

 

This article is licensed under the GNU Free Documentation License. It uses material from the "Comportamento".

Home Pageartsbusinesscomputersgameshealthhospitalshomekids & teensnewsphysiciansrecreationreferenceregionalscienceshoppingsocietysportsworld