article Related Topics:
Coma :: Comanche_Series :: Comal :: Comanche_4 :: Comas,_Eric :: Comacchio :: Comédie_musicale :: Comaneci,_Nadia :: Comatricha :: ComAir_Flight_3272
 

A coma(,) é un signo de puntuación que sinala unha breve pausa que se produce dentro do enunciado.

  • Utilízase para separar os membros dunha enumeración, salvo os que veñan precedidos por algunha das conxuncións e, ou ou nin. Por exemplo:
Teño cans, gatos, coellos e ratos.
María volveu a casa, fixo os deberes, ceou e foise á cama.

  • A coma entre oracións relacionadas entre si marca dentro do texto o final dunha delas e o comezo doutra:
Os soldados saudaban, a xente aplaudía, e os nenos non paraban de cantar.

  • As oracións subordinadas circunstanciais que preceden á principal deben de ser separadas desta por unha coma. No caso de que vaian inseridas no medio da principal deben de ir entre comas. Débese facer o mesmo cos complementos circunstanciais: Cando veñas outra vez á miña casa, chámame antes.

  • Tamén se utiliza para delimitar unha aclaración ou inciso:
Nacho, o meu curmán, acaba de conseguir o seu primeiro emprego.

  • As locucións conxuntivas ou adverbiais, sexa cal for a súa posición, van precedidas e seguidas de coma, tales como: en efecto, é dicir, en fin, por conseguinte, no entanto, así a todo, porén e outras da mesma clase.
Dáme iso axiña, é dicir, se che parece ben.
Pasou unha má noite. Ao día seguinte, no entanto, aprobou o seu exame.

  • O vocativo escríbese seguido de coma se vai ao principio da frase; precedido de coma se vai ao final; e entre comas se vai no medio.
''Carlos, ven aquí. Ven aquí, Carlos. ¿Sabes, Carlos, quen veu?

  • A coma utilízase como signo decimal en gran parte do mundo non anglosaxón. Por exemplo
3,14159
No mundo anglosaxón e algúns países hispanofalantes, a coma emprégase en números grandes para separar os seus díxitos en grupos de tres, empezando pola dereita.
$15,000,000

  • As oracións explicativas que van dentro doutras sepáranse entre comas: Esas mozas, que tanto saltan, chegaron tarde.
  • No período adversativo, se antes da conxunción hai unha pausa, márcase cunha coma: Estou certo, pero non o sei demostrar.

Ortografía | morfosintaxe

Komma

Komma | Komma | Comma (punctuation) | Komo | Coma (puntuación) | Koma (ikurra) | Pilkku | Virgule | פסיק | Virgola | コンマ | Komma | Przecinek | Vírgula | Kommatecken | 逗號

 

This article is licensed under the GNU Free Documentation License. It uses material from the "Coma".

Home Pageartsbusinesscomputersgameshealthhospitalshomekids & teensnewsphysiciansrecreationreferenceregionalscienceshoppingsocietysportsworld