As rexións de clima mediterráneo combinan veráns quentes e secos con invernos fríos e pouco chuvosos.
Como o proprio nome indica, este tipo de bioma localizase na zona do mar Mediterráneo.
O clima mediterráneo é quente e seco no verán e é moderado e húmido no inverno. As precipitacións ocorren sobre todo durante 2 a 4 meses, no inverno, sendo raras no resto do ano.
Nas rexións situadas a rentes do mar Mediterráneo os veráns son menos secos que os das outras rexións deste clima.
Esta vexetación é predominante, de folla persistente e presenta follas espesas e pequenas, o que axuda a reducir as perdas de auga por transpiración. Algunhas plantas poden tamén ter espiños, o que as protexe de seren comidas polos animais.
As árbores son, normalmente, de pequeno porte. Posuen cascas gordas e duras e grandes ramificacións. Predominan os carballos: carballo, carballo negral, sobreiras, carrascos e aciñeiras. Outra árbore moi común na área mediterránea é a oliveira. En algunhas rexións aparecen aínda piñeiros (como o piñeiro manso) e o acibro.
Nas áreas con pouca precipitación, as plantas adaptaranse a condicións secas, sendo as súas follas pequenas e por veces, tán reducidas que semellan agullas, o que lles permite conservar a auga. Outras teñen as follas cobertas por unha película cerosa e noutras as follas reflecten a luz solar.
Algunhas plantas desenvolveron, incluso, adaptacións que lles permiten resistir aos lumes frecuentes que ocorren na estación seca: algunhas reproducense moi axiña a partir das raíces, despois de arder a parte aérea; noutras, a brea que reveste as piñas derrete durante o incendio permitindo que aibran os frutos e se espallen as sementes; noutras incluso as sementes, que teñen condicións para vivir durante moito tempo, xermolan despois do lume.
Aparecen coellos, lebres, porcos bravos, ratos, veados, porco teixos, diversos tipos de reptis, unha gran variedade de aves, sobre todo aves migratorias e insectos.
Clima mediterrani | Mittelmeerklima | Mediterranean climate | Clima mediterráneo | Climat méditerranéen | אקלים ים תיכוני | Clima mediterraneo | 地中海性気候 | Mediterraan klimaat | Clima mediterrânico | 地中海式气候
This article is licensed under the GNU Free Documentation License.
It uses material from the
"Clima mediterráneo".
Home Page • arts • business • computers • games • health • hospitals • home • kids & teens • news • physicians • recreation• reference • regional • science • shopping • society • sports • world