O Clima continental é un clima rigoroso no cal as diferenzas de temperaturas entre inverno e verán, día e a noite, son enormes. Os veráns son quentes e os invernos moi fríos con xeadas a cotío (por atinxir temperaturas baixo 0ºC) e chuvias escasas. Estas características prodúcense por localizarse no interior dos continentes ou por rexións illadas por cadeas montañas que impiden a influencia marítima.
Aínda que por clima continental entendemos aquel que con características específicas, se dá en territorios de latitude media, outros climas poden presentar influencia da continentalidade (escaso atemperamento das temperaturas por influencia do mar); así nas zonas interiores ecuatoriais de Brasil e o centro de África o clima tropical está continentalizado, pois son as maiores amplitudes térmicas diarias. Os desertos extensos como o Sáhara tamén poderían presentar un "clima con influencia continental" onde o mar non atempera. Agora ben, estritamente falando é "clima continental" unicamente o que se acha na zona de latitude media do planeta.
O fenómeno do clima continental amplíase a outros climas que se modifican pola presenza de barreiras montañosas que impiden a influencia mariña ou ventos fríos procedentes dos polos que poden influír en extremar as temperaturas e levar a continentalidade ata o mar (a costa este de Estados Unidos, as beiras do mar Negro ou mar Báltico, etc).
O clima continental está case limitado ao hemisferio norte do planeta, basicamente porque a maioría de terras emerxidas nesa latitude media se atopan alí, a excepción de zonas de Arxentina en Sudamérica, pero neste subcontinente a parte de latitude media é estreita, sendo escasas as zonas de clima continental.
Sudáfrica e Australia localizadas en latitudes medias no hemisferio sur, non posúen clima continental, pola estreiteza no caso do primeiro, e pola creación do deserto nas zonas interiores do segundo.
A capital dun país do mundo co clima continental máis severo é Ulan Bator, en Mongolia.
Fastlandsklima | Kontinentalklima | Continental climate | Kontinenta klimato | Clima continental | Mannerilmasto | Climat continental | Clima continentale | Landklimaat | Clima continental | Inlandsklimat
This article is licensed under the GNU Free Documentation License.
It uses material from the
"Clima continental".
Home Page • arts • business • computers • games • health • hospitals • home • kids & teens • news • physicians • recreation• reference • regional • science • shopping • society • sports • world