Cisco Systems é unha multinacional ubicada en San Francisco (California, Estados Unidos). Principalmente dedícase á fabricación, venta, mantemento e consultoría de equipos de telecomunicacións tales como:
É considerada unha das grandes empresas do sector tecnolóxico e un importante membro do mercado do NASDAQ o mercado accionario de tecnoloxía.
A empresa foi fundada en 1984 polo matrimonio de Leonard Bosack e Sandra Lerner, quen formaban parte do persoal de computación da Universidade de Stanford. Bosack adaptou o software para enrutadores multi-protocolo orixinalmente escrito por William Yeager, outro empregado de informática nesa Universidade. Cisco Systems creou o primeiro router comercialmente exitoso. O nome da compañía ven dun xogo de palabras ca cidade de San Francisco, desde onde comezou o seu desenvolvemento como empresa multinacional.
Hoxe en día, outro xigante que lle está intentando facer sombra é a multinacional Juniper Networks, adicada principalmente á venda de routers para enlaces backbone (columna vertebral).
Ademais de desenvolver o hardware dos seus equipos, Cisco Systems tamén se ocupa de desenvolver o seu propio software de xestión e configuración para eles, que é coñecido como IOS de código actualmente pechado e totalmente propietario.
A través do IOS conséguese configurar os equipos Cisco mediante a denominada "Command Line Interface" (Interface de Liña de Comandos, polo seu nome en galego) que sirve de intérprete entre o usuario e o equipo.
Cisco Systems tamén posee unha división de publicacións tecnolóxicas denominada Cisco Press, a cal ten convenio coa editorial estadounidense Pearson VUE, así como unha división educativa que produce material educativo para programas que teñen como fin a formación de persoal profesional especializado no deseño, administración e mantenemento de redes informáticas. Algúns destes programas son:
Tales programas son dictados en alianza con institucións universitarias denominadas 'Academias Locais' as cales existen en 128 países.
This article is licensed under the GNU Free Documentation License.
It uses material from the
"Cisco Systems".
Home Page • arts • business • computers • games • health • hospitals • home • kids & teens • news • physicians • recreation• reference • regional • science • shopping • society • sports • world