A ciencia é o conxunto dos sistemas de coñecemento con obxecto e métodos de estudo determinados e baseados en leis obxectivas que se poden verificar.
Parte dos descubrimentos científicos poden resultar moi contra a intuición, como a natureza atómica ou cuántica da materia. Moitas concepcións intuitivas da natureza foron transformadas a partir de descubrimentos científicos como a rotación da Terra arredor do Sol ou a teoría da evolución. A ciencia tamén pode entenderse como unha institución da que forman parte os científicos e que funciona de acordo con regulamentos explícitos ou implícitos. As academias. universidades, institutos de investigación, as revistas científicas e os Premios e recoñecementos acdémicos conformarían este aspecto sociolóxico da ciencia.
O método científico constitúe o estudo sistemático, controlado, empírico e crítico de proposicións hipotéticas sobre presuntas relacións entre varios fenómenos naturais. Son dous os pilares básicos do método científico. O primeiro deles é a reproducibilidade, é dicir, a capacidade de repetir un determinado experimento en calquer lugar e por calquer persoa. Este pilar usa para a súa práctica, esencialmente, a comunicación e publicidade dos resultados obtidos. O segundo pilar é a falsabilidade. É dicir, que toda proposición científica ten que ter a posibilidade de ser falsada. Isto implica que se poden deseñar experimentos que no caso de dar resultados distintos ós preditos negarían a hipótese posta a proba.
Na actualidade os resultados da investigación científica son publicados en revistas científicas especializadas tras críticas ou comentarios doutros expertos, correccións por parte dos autores e mesmo verificacións dos experimentos por outros equipos de investigación. Asemade, está comezando a ser usual que se publiquen na rede ó tempo que nas revistas científicas ou exclusivamente.
A efectividade da ciencia como método para obter coñecemento constituíu un notable campo de estudo para a filosofía. A filosofía da ciencia intenta comprender a natureza do coñecemento científico e as súas implicacións éticas.
A historia da ciencia dá conta do desenvolvemento humano, marcado polos sucesivos cambios de paradigmas sobre a natureza. A historia da ciencia está marcada polo contínuo refinamento do coñecemento adquirido e o desenvolvimento tecnolóxico acelerado dende a aparición do método científico na chamada revolución científica.
A divulgación científica pretende facer doado o coñecemento científico á sociedade máis aló do mundo puramente académico. A divulgación pode referirse ós descubrimentos científicos do momento como a determinación da masa do neutrino, de teorías ben establecidas como a teoría da evolución ou de campos enteiros do coñecemento científico. A divulgación científica é unha tarefa que levan a cabo escritores, científicos, museos e, de xeito ocasional, a través dos medios de comunicación.
Algúns científicos notables teñen contribuído especialmente á divulgación do coñecemento científico. Entre os máis coñecidos están Stephen Hawking, Carl Sagan, Richard Dawkins, Stephen Jay Gould, Martin Gardner e autores de ciencia ficción como Isaac Asimov. Outros científicos teñen realizado tarefas de divulgación tanto en libros divulgativos como en novelas de ciencia ficción, como Fred Hoyle. A maioría das axencias ou institutos científicos destacados en Estados Unidos teñen un departamento de divulgación (chamado Education and Outreach) pero non é unha cousa común noutras partes.
En contra da ciencia formal e o método científico, as sociedades humanas teñen desenvolvido dende antigo un sistema de crenzas máxicas ou mítico. En ocasións chámaselles Ciencias ocultas ou alternativas: coñecementos e prácticas misteriosas que dende a antigüidade pretenden domeñar os secretos da natureza. Non seguen o método científico polo que non son recoñecidas como disciplinas científicas e son consideradas en xeral como pseudociencias. Entre as máis populares en Occidente está a astroloxía.
Zenzia | علم | Ciencia | Навука | Наука | বিজ্ঞান | Siañs | Nauka | Ciència | Věda | Ùczba | Ăслăлăх | Videnskab | Wissenschaft | Επιστήμη | Science | Scienco | Ciencia | Teadus | Zientzia | Tiede | Science | Saidheans | વિજ્ઞાન | מדע | विज्ञान | Znanost | Syans | Tudomány | Scientia | Ilmu | Cienco | Vísindi | Scienza | 科学 | მეცნიერება | ವಿಜ್ಞಾನ | 과학 | Zanist | Godhonieth | Scientia | Weitesjap | Mokslas | Наука | Sains | Tlapōhuayōtl | Wetenschop | Wetenschap | Vitskap | Vitenskap | Nauka | Ciência | Ştiinţă | Наука | Nauka | Science | Veda | Znanost | Наука | Élmu | Vetenskap | Sayansi | அறிவியல் | วิทยาศาสตร์ | Agham | Bilim | Наука | Khoa học | Syince | 科学 | Kho-ha̍k