article

Ciclismo é un deporte de carreira de bicicleta no que o obxectivo dos participantes é ben chegar primeiro a determinada meta ou ben cumprir un determinado percurso no menor tempo posíbel.

Foi na Inglaterra, en mediados do século XIX, cando escomezou o ciclismo como deporte. O ciclismo xeralmente encádrase en catro categorías: probas en estradas, probas en pistas, probas de montaña (Mountain Bike) e BMX e practícase con diversos tipos e modelos de bicicletas.

No Mountain Bike existen varias categorías que son divididas en: Cross Country, en todo o tipo de terreo, de preferencia no monte, sexa a subir, plano ou a descender; o Free Ride, cun andamento máis extremo en que se dá preferencia a saltos e descidas; o Down Hill que é a versión máis extrema e perigosa do MTB que consiste soamente en descender, normalmente a velocidades altas, sendo este practicado tanto no monte ou en cidade (o chamado Down Town).

O ciclismo é sinónimo de aventura. Independente de campionatos e torneos, é común amigos con intereses afíns se reuniren para facer longos paseos de bicicleta, quer no monte ou en estrada aos lugares máis inhóspitos e salvaxes, regado a moita amizade e solidariedade. O practicante do ciclismo chámase ciclista.

En termos de saúde, o ciclismo é unha actividade rítmica e cíclica, ideal para desenvolvemento dos sistemas de enerxía aerobio e anaerobio, dependendo do tipo de adestramento aplicado. Desenvolve o sistema cardiovascular dos practicantes, sendo aínda indicado por médicos especialistas como óptimo exercicio para queima de graxa corporal e desenvolvemento de resistencia de forza muscular de pernas, en adestramentos.

O mundo moderno inventou tamén o ciclismo estático, ou sexa, a práctica do ciclismo en bicicletas ergométricas e en lugares pechados, casa, academia, club, etc, un exercicio aeróbico alternativo e seguro ideal para individuos que desexan maior seguranza, sustentación e facilidade de manexo que o ciclismo de estrada ou de pista.

O ciclismo estático indícase para persoas que presentan determinados tipos de lesións de xeonllos, cadrís, columna e que non poden camiñar; xestantes, enfermos con osteoporose e principalmente obesos.

Competicións


Ligazóns externas


Колоездене | Ciclisme | Cyklistika | Cykling | Radsport | Cycling | Biciklado | Ciclismo | Jalgrattasport | Pyöräily | Cyclisme | Ciclismo | Wielersport | Ciclismo

Ciclismo

 

This article is licensed under the GNU Free Documentation License. It uses material from the "Ciclismo".

Home Pageartsbusinesscomputersgameshealthhospitalshomekids & teensnewsphysiciansrecreationreferenceregionalscienceshoppingsocietysportsworld