O termo Celta pode referirse a:
Este termo é de orixe grega (keltoi). Os gregos puideron collelo prestado de íberos o ligures. Os celtas chamáronse sempre a si mesmos galiain, isto é: galos (derivados: gálata, galego, galaico).
Os celtas foron un pobo orixinario da Europa central que emigrou cara Europa occidental: Galia, Bretaña, Gran Bretaña, Irlanda e o norte da Península Ibérica. A sua chegada á península estaría sobre o ano 1200 aC.
A pesar dos indicios da presencia celta en Galicia, esta é frecuentemente cuestionada. Un estudo dirixido por Miguel Pocoví, profesor de Bioloxía Molecular da Universidade de Zaragoza, reforzou a tese da orixe celta dos galegos.
Vivían en contacto coa natureza na veciñanza de defensas naturais, agrupados no que en Galiza se denominaron castros.
As súas clases sociaies eran: druidas (sacerdotes), nobres, comerciantes e campesiños.
Os enclaves celtas da Francia e da Península Ibérica foron conquistados polos romanos e, en maior ou menor medida, romanizados. Non obstante, aínda conservan as pegadas da cultura celta nalgunhas artes, como na música.
Kelt | Kelten | Келти | Celtes | Keltové | Y Celtiaid | Kelterne | Kelten | Κελτικός πολιτισμός | Celt | Keltoj | Celta | Zelta | Keltit | Celtes | Ny Celtiee | קלטים | Kelták | Celti | ケルト人 | Celtae | Keltai | Ķelti | Celt | Kelten | Keltarar | Keltere | Celtowie | Celtas | Celt | Кельты | Kelti | Келти | Kelter | Kelt | Кельти | 凯尔特人