Cebola é o nome vulgar da planta cuxo nome científico é Allium cepa, Lineu. En sistemas taxonómicos máis antigos pertencía á familia das Liliáceas e subfamilia das Alioídeas, mais os taxonomistas máis recentes inclúena na familia das Alliaceae. O termo refírese tamén ao seu bulbo, constituído por follas escamiformes, en capas. As súas flores están dispostas en forma de quitasol. As plantas novas, co bulbo pouco desenvolvido e sen flor, chámanse tamén co nome de cebolo ou ceboliño.
Ceboliña: existen dous tipos das chamadas ceboliñas: Allium fistulosun e Allium schoenoprasun diferentes da Allium cepa.
بصل | Лук | Ceba | Zwiebel | Onion | Cepo | Allium cepa | پیاز | Keltasipuli | Oignon | Vöröshagyma | Allium cepa | タマネギ | Bawang | Ui (bolgewas) | Cebula zwyczajna | Cebola | Црни лук | Gul lök | Soğan | 洋蔥 | Chhang-thâu