Carlomagno (c. 2 de abril, 747 - 28 de xaneiro, 814; ou Carlos, o Grande, en alemán Karl der Große, en francés Charlemagne, en Latín Carolus Magnus, que deu orixe ao adxectivo 'Carolinxio'), foi sucesivamente rei dos francos (de 771 a 814), rei dos lombardos (a partir de 774), e aínda o primeiro emperador do Sacro Imperio Romano (coroado o 25 de decembro do ano 800), restaurando así o antigo Imperio Romano do Occidente.
Pepino o Breve apoderouse do monopolio da cuñaxe da moeda, decidindo sobre a actividade das casas de cuñaxe, o peso das moedas, o seu valor e os caracteres representados. A cuñaxe de moeda na Europa foi, pois, reiniciada con Pepino, o Breve, que recuperou o sistema utilizado polos antigos gregos e romanos e mantido no Imperio Romano do Occidente (1 libra = 20 solidi = 240 denarii).
Coa morte de Pepino, o reino foi dividido entre Carlomagno e o seu irmán Carlomán (que gobernou a Austrasia). Carlomán morreu o 5 de decembro de 771, deixando a Carlomagno como líder dun reino Franco reunificado. Carlomagno estivo envolvido constantemente en batallas durante o seu reinado. Conquistou a Saxonia no século VIII, un obxectivo que foi o soño inalcanzábel de Augusto. Foron necesarios máis de dezoito batallas para que Carlomagno conseguise esta vitoria definitiva. Procedeu á conversión forzada ao catolicismo dos pobos conquistados, masacrando os que se recusaban a converterse. Un dos seus obxectivos era tamén conquistar a Península Ibérica, mais nunca o alcanzou.
En 800, durante a misa de Nadal en Roma, o Papa León III coroou a Carlos Magno como emperador, título en desuso no occidente desde a abdicación de Rómulo Augusto en 476 (aproveitando o feito de entón reinar no Oriente unha muller, a emperatriz Irene, o que era considerado un vacío de poder significativo). Aínda que o título o axudase a afirmar a súa independencia en relación a Constantinopla, Carlomagno apenas o usou bastante máis tarde, xa que receaba ficar dependente, por outro lado, do poder papal.
Continuando as reformas iniciadas polo seu pai, Carlomagno avanzou cun sistema monetario baseado no soldo de ouro -procedemento seguido tamén polo rei Offa de Mercia-. Instituiu un novo padrón monetario a partir de unidades de medida como a libra e o propio soldo que eran, até a data, só unidades de medida (só o denier se mantivo como unha das moedas do seu dominio). Nótese que o sistema monetario inglés antes da decimalización ten semellanzas con este: efectivamente, a libra inglesa (pound) valía 20 xelins (analogamente aos sólidos de Carlomagno) ou 240 pence (de forma semellante aos deniers instituídos por este emperador).
Carlomagno aplicou este sistema a unha grande parte do continente europeo, mentres que o padrón de Offa foi voluntariamente adoptado pola maior parte do territorio inglés.
Historia de Francia | Monarcas
Carlomagno | Карл Велики | Karl Veur | Carlemany | Karel Veliký | Siarlymaen | Karl den Store | Karl der Große | Καρλομάγνος | Charlemagne | Karolo la Granda | Carlomagno | Karl Suur | شارلمانی | Kaarle Suuri | Charlemagne | Karel de Grutte | Charlemagne | קרל הגדול | Karlo Veliki | Nagy Károly | Karl la Granda | Karlamagnús | Carlomagno | カール大帝 | კარლოს დიდი | 카롤루스 대제 | Carolus Magnus | Karel de Groete | Karolis Didysis | Karl de Grote | Karel de Grote | Karl den store | Karl I av det tysk-romerske rike | Karol Wielki | Carlos Magno | Carol cel Mare | Карл Великий | Carlu Magnu | Charlemagne | Karol Veľký | Karel Veliki | Карло Велики | Karl den store | Карл І Великий | Tchårlumagne | קרל הגדול | 查理大帝
This article is licensed under the GNU Free Documentation License.
It uses material from the
"Carlomagno".
Home Page • arts • business • computers • games • health • hospitals • home • kids & teens • news • physicians • recreation• reference • regional • science • shopping • society • sports • world