A Capela Sistina é unha capela localizada no Vaticano, ao norte da Basílica de San Pedro. Foi construída a partir de 1475 e inaugurada a 9 de Agosto de 1483 polo Papa Sisto IV. O interior foi redecorado a partir de 1508, baixo encomenda do Papa Xulio II, con frescos de Michelangelo Buonarroti, entre os cales a célebre Creación de Adán. Michelangelo terminou o seu traballo en 1541, xa baixo o pontificado de Paulo III, coa conclusión da representación do Xuízo Final, sobre o altar.
É tamén famosa por ser o local onde se reúnen os conclaves e se fan certas cerimonias, como as coroacións papais.
A capela ten forma rectangular (40,93 m por 13,41 m, as dimensións do Templo de Salomón, tal como descritas no Antigo Testamento). Ten 20,70 metros de altura e 6 xanelas.
Despois das obras de restauración entre 1981 e 1994, que lle restauraron o brillo orixinal do tempo de Michelangelo, voltou a capela a estar aberta ao público que visita o Museo do Vaticano. A pintura do teito da Capela Sistina está no filme Agonía e Éxtase.
Det Sixtinske Kapel | Sixtinische Kapelle | Sistine Chapel | Capilla Sixtina | Sikstuksen kappeli | Chapelle Sixtine | הקפלה הסיסטינית | Cappella Sistina | システィーナ礼拝堂 | სიქსტეს კაპელა | Sixtijnse Kapel | Det sixtinske kapellet | Det sixtinske kapell | Kaplica Sykstyńska | Capela Sistina | Capela Sixtină | Сикстинская капелла | Sistine Chapel | Sixtinska kapellet | 西斯廷教堂
This article is licensed under the GNU Free Documentation License.
It uses material from the
"Capela Sistina".
Home Page • arts • business • computers • games • health • hospitals • home • kids & teens • news • physicians • recreation• reference • regional • science • shopping • society • sports • world