Un campo de concentración é unha instalación destinada a recluír persoas pola súa oposición a un réxime político, pola súa etnia ou relixión ou pola súa orientación sexual.
Canto ás novas creacións, a directiva cambia de rumbo coa centralización penitenciaria no Servizo Nacional de Prisións en 1938 e ao desvío á nova Prisión Central de Celanova do incremento de reclusos debido á toma de Asturias. As antigas prisións provisionais quedarían para os presos preventivos ou con menos dun ano de condea.
Debido ao crecente número de territorios e presos, crearánse os primeiros sete campos de concentración de Cedeira, Rianxo, Camposancos (no colexio xesuíta), O Ferrol e Muros coa toma de Santander contra agosto de 1937 e Ribadeo e Santa María de Oia coa toma de Xixón. En xullo de 1938 só quedarían os tres primeiros ata a toma de Cataluña en 1939, cando se reabriría o último e se crearían os da Coruña, Betanzos, Padrón e A Pobra do Caramiñal. Daquela existía tamén polo menos o de San Clodio en Leiro, na provincia de Ourense.
Os presos procedentes de Asturias podían provir dunha fuxida marítima ou dos territorios conquistado:
Esta degradación física completábase cunha destrución psicolóxica: humillar, anular, cousificar e amedrentar o opositor ata un asoballamento absoluto. Unha vez eliminados os irrecuperables, a filosofía era un sometemento á ideoloxía vencedora. Para conseguilo desterrábaselle ao preso a idea de provisionalidade con condeas moi elevadas para que interiorizase a culpabilidade e conseguinte expiación mediante a absorción do adoctrinamento. Esto non é máis ca unha reprodución do que se vai implantar a gran escala na sociedade: rescate moral por parte da Igrexa, rescate social por parte do Estado e rescate ideolóxico por parte da Propaganda. A reclusión penitenciaria ten funcións de redención e expiación de culpas individuais e colectivas inspirado pola participación da Igrexa nacional no sistema, e consideraba aos presos coma enfermos que había que "sandar", "purificar" e "ter en corentena" para non "contaxiar" ao resto da sociedade (o psicólogo Vallejo-Nájera chegaría a afirmar que "o marxismo e a revolución precisan dun tratamento médico, non político").
Susana Reboreda Morillo (2005) Homenaxe a Lola F. Ferro. Vigo: Universidade de Vigo. ISBN: 84-8158-277-8 historia
Konsentrasiekamp | معسكر اعتقال | Konzentrationslager | Camp de concentració | Koncentrační tábor | Koncentrationslejr | Konzentrationslager | Internment | Campo de concentración | Kontzentrazio-zelai | Keskitysleiri | Camp de concentration | מחנה ריכוז | Sabirni logor | Kamp konsentrasi | Campo di concentramento | 強制収容所 | Concentratiekamp | Konsentrasjonsleir | Konsentrasjonsleir | Obóz koncentracyjny | Campo de concentração | Lagăr de concentrare | Концентрационный лагерь | Concentration camp | Koncentračný tábor | Koncentracijsko taborišče | Концентрациони логор | Koncentrationsläger | Концентраційний табір | 集中营
This article is licensed under the GNU Free Documentation License.
It uses material from the
"Campo de concentración".
Home Page • arts • business • computers • games • health • hospitals • home • kids & teens • news • physicians • recreation• reference • regional • science • shopping • society • sports • world