O Código de Hamurabi, criado por volta de 1700 a.C., é un dos mais antigos conxuntos de leis xamais encontrados, e un dos exemplos mellor preservados deste tipo de documento da antiga Mesopotamia.
Hamurabi (1728 a.C.–1686 a.C.) achaba que el debía escribir o código para agradarlle aos deuses. Diferentemente de moitos outros reis anteriores e contemporáneos seus, el non se consideraba relacionado con ningún deus, apesar de el se autodenominar "o favorito dos deuses". Na parte superior do monolito, Hamurabi é mostrado en frente ao trono do rei Sol Shamash. Logo abaixo están escritos, en caracteres cuneiformes acadianos, os artigos regularizando a vida cotidiana.
Durante as diferentes invasións da Babilonia, o código foi cambiado para a cidade de Suse (no Irán actual) por volta de 1200 a.C.. Foi nesa cidade que foi descoberto, en decembro de 1901, pola expedición dirixida por Jacques de Morgan. O abade Jean-Vincent Scheil traduciu a totalidade do código após o retorno a París, onde hoxe pode ser admirado no Museo do Louvre, na sala 3 do Departamento de Antigüidades Orientais.
Os artigos do Código de Hamurabi fixan, así, as diferentes regras da vida cotidiana, entre outras:
Outras coleccións de leis incluen os códigos de Ur Nammu, rei de Ur (cerca de 2050 a.C., o código de Eshnunna (cerca de 1930 a.C.) e o código de Lipit-Ishtar de Isin (cerca 1870 a.C.).
Algunhas partes da Torah son similares a certas seccións do código de Hamurabi, e debido a iso alguns especialistas suxiren que os hebreus teñam derivado a súa lei deste. No entanto, o libro Documents from Old Testament Times (Documentos da época do Vello Testamento) di: "Non existe fundamento ningún para se asumir calquer empréstimo polos hebreus dos babilónicos. Mesmo se os dous conxuntos de leis diferen pouco na prosa, eles diferen moito no espírito."
Alguns exemplos das diferenzas:
| Código de Hamurabi | Torah |
|---|---|
| Pena de morte para o roubo dunha propiedade eclesiástica ou estatal, ou por aceptar bens roubados. (Sección 6) | Roubo punido por compensación á vítima. (Ex. 22:1-9) |
| Morte por axudar un escravo a fuxir ou abrigar un escravo foraxido. (Sección 15, 16) | "Vostede non é obrigado a devolver un escravo ao seu dono se el foxe do dono del para vostede." (Deut. 23:15) |
| Se unha casa mal construída causa a morte dun fillo do dono da casa, entón o fillo do construtor será condenado á morte (Sección 230) | "Os pais non debem ser condenados á morte por conta dos fillos, e os fillos non debem ser condenados á morte por conta dos pais." (Deut. 24:16) |
| Mero exilio por incesto: "Se un señor (home de certa importancia) tivo relacións coa sua filla, el deberá abandonar a cidade." (Sección 154) | Pena de morte por incesto. (Lev. 18:6, 29) |
| Distinción de clases en xulgamento: Severas penas para persoas que prexudican outras de clase superior. Penas medias por prexuízo a membros de clase inferior. (Sección 196–205) | Vostede non debe tratar o inferior con parcialidade, e non debe preferenciar o superior. (Lev. 19:15) |
شريعة حمورابي | Chammurapiho zákoník | Codex Hammurapi | Code of Hammurabi | Kodekso de Hamurabi | Código de Hammurabi | Hammurabin laki | Code d'Hammurabi | חוקי חמורבי | Hammurapi törvényoszlopa | Codice di Hammurabi | ハンムラビ法典 | Codex Hammurabi | Codex Hammurabi | Kodeks Hammurabiego | Código de Hamurabi | Свод законов Хаммурапи | Hamurabijev zakonik | Хамурабијев законик | Hammurabis lagar | Hammurabi Kanunları | קאדעקס כאמוראבי | 汉谟拉比法典
This article is licensed under the GNU Free Documentation License.
It uses material from the
"Código de Hamurabi".
Home Page • arts • business • computers • games • health • hospitals • home • kids & teens • news • physicians • recreation• reference • regional • science • shopping • society • sports • world