article

Este artigo trata sobre a rexión xeográfica do Cáucaso. Para a cordilleira vexa Cáucaso A rexión do Cáucaso atópase en Asia occidental, entre o mar Negro e o mar Caspio. Hoxe compoñen esta rexión as repúblicas independentes de Xeorxia, Armenia e Acerbaixán, con Rusia ó norte e Turquía e Irán ó sur. Nembargantes, son numerosas as nacións que viven dentro destes estados, moitas delas en territorios con grandes autogobernos, noutros casos con azos de alcanza-la independencia, o que fai desta rexión un punto quente de violencia a nivel mundial.

A cordilleira do Cáucaso na que se asentan Xeorxia, Acerbaixán e Armenia a cotío é chamada Transcaucasia; hai maior intrincamento lingüístico e cultural na zona norte dependente da Federación rusa.

A parte dos mencionados países, existen estoutras nacións non independentes:

Asemade existen numerosas minorías entre as que se poden incluir: cumuquios, avaros, tátaros, bielorrusos, alemáns, ucranianos, e por suposto rusos, que son unha importante minoría en todas estas repúblicas ex-soviéticas. No sur, sobre todo en Armenia, hai importantes grupos de presión turcomanos, iranianos, curdos e árabes.

Xeografía | Asia

Кавкас | Kavkaz | Kaukasus | Kaukasus | Kaukaasia | Cáucaso | Kaŭkazio | قفقاز | Caucase | קווקז | Caucaso | 카프카스 | Caucasus | Kaukasus | Kaukasia | Kaukasus | カフカス | Kaukaz (kraina historyczna) | Cáucaso | Caucaz | Кавказ | Kavkaz | Кавказ | Kaukasus | Kafkasya | Qawqaz | Кавказ | 高加索

 

This article is licensed under the GNU Free Documentation License. It uses material from the "Cáucaso".

Home Pageartsbusinesscomputersgameshealthhospitalshomekids & teensnewsphysiciansrecreationreferenceregionalscienceshoppingsocietysportsworld