Un byte (pronunciado "bait") ou octeto é un dos tipos de datos usados en computación para especificar o tamaño ou cantidade da memoria ou da capacidade de almacenamento dun computador. Normalmente corresponde con 8 bits (véxanse detalles mais embaixo).
Un byte é sempre atómico no sistema, o que significa que é a máis pequena unidade de memoria enderezable (á que se pode acceder directamente). Un byte de 8 bits pode conter 256 valores posibles (28 = 256) — o suficiente para armacenar ben un enteiro sen sinal entre 0 e 255, ben un enteiro con sinal entre -128 e 127 ou ben un carácter de 7 bits (tal como a ASCII) ou 8 bits.
byte como sinónimo de unsigned char — un tipo de dados enteiro capaz de armacenar polo menos 256 valores diferentes.
Á metade dun byte (4 bits), dáselle o nome de nibble ou semioctecto.
Os prefixos kilo, mega, giga, etc. consideranse potencias de 1024 en lugar de potencias de 1000. Isto é así porque 1024 é a potencia de 2 (210) máis preto de 1000. Utilizase unha potencia de 2 porque se traballa nun sistema binario.
- | Nome | Abrev. | Factor | Tamaño no SI | - | kilo | K | 210 = 1024 | 103 = 1000 | - | mega | M | 220 = 1 048 576 | 106 = 1 000 000 | - | xiga | G | 230 = 1 073 741 824 | 109 = 1 000 000 000 | - | tera | T | 240 = 1 099 511 627 776 | 1012 = 1 000 000 000 000 | - | peta | P | 250 = 1 125 899 906 842 624 | 1015 = 1 000 000 000 000 000 | - | hexa | E | 260 = 1 152 921 504 606 846 976 | 1018 = 1 000 000 000 000 000 000 | - | zetta | Z | 270 = 1 180 591 620 717 411 303 424 | 1021 = 1 000 000 000 000 000 000 000 | - | iotta | Y | 280 = 1 208 925 819 614 629 174 706 176 | 1024 = 1 000 000 000 000 000 000 000 000 | - | Bronto | B | 290 = 1024 Yottabytes | 1027 = 1 000 000 000 000 000 000 000 000 |
No 1998 criouse un novo sistema de prefixos para denotar múltiplos binarios pola IEC. Oficialmente, o patrón IEC especifica que os prefixos do SI usaránse só para múltiplos en base 10 e xamais en base 2.
- | Nome | Abbr | Factor | - | kibi | Ki | 210 = 1024 | - | mebi | Mi | 220 = 1 048 576 | - | xibi | Gi | 230 = 1 073 741 824 | - | tebi | Ti | 240 = 1 099 511 627 776 | - | pebi | Pi | 250 = 1 125 899 906 842 624 | - | exbi | Ei | 260 = 1 152 921 504 606 846 976 |
بايت | Byte | Byte | Byte | Byte | Byte | Byte | Bitoko | Byte | Bait | Byte | بایت | Tavu (tietotekniikka) | Octet | בית (מחשב) | Bajt | Bájt | Byte | Byte | Byte | バイト (情報) | 바이트 | Baitas | Bait | Byte | Byte | Bajt (informatyka) | Byte | Octet | Байт | Byte | Bajt | Bajt | Бајт | Byte (enhet) | ไบต์ | Bayt | Байт | Byte | 字节