| Artrópodes | ||||
|---|---|---|---|---|
| Características anatómicas dos aretrópodes | ||||
| Clasificación científica | ||||
| Reino: | Animalia |
| Filo: | Arthropoda |
Os artrópodos existen en todos os ambientes da terra: no mar, na auga doce, no medio terrestre e no ar. Existen aínda moitas formas parásitas e simbióticas. Hai rexistos fósiles de artrópodos desde o período Cambriano.
Os segmentos poden estar agrupados en rexións do corpo, denominadas tagmata, tipicamente:
Non obstante, en varios grupos, como os cangrexos, arañas, escorpións e langostas, a cabeza e o tórax atópanse unidos baixo unha carapaza - o cefalotórax. Nos Chelicerata, o corpo está dividido en prosoma e opistosoma.
O primeiro segmento da cabeza é denominado acron e normalmente soporta os ollos, que poden ser simples ou compostos. O último segmento do abdome remata no telson. Cada segmento contén, polo menos primitivamente, un par de apéndices.
Para poderen crecer, os artrópodos teñen de se desfacer do exosqueleto "apertado" e formar un novo un proceso designado muda ou ecdise. Por esta razón, eles fan parte do clado Ecdysozoa, que é un dos maiores grupos do reino animal, incluíndo aínda os nemátodes, os Nematomorpha, os Tardigrada, os Onychophora, os Loricifera, os Priapulida e os Cephalorhyncha.
Estes animais respiran por un sistema de traqueas, túbulos que abren para o exterior a través de poros na cutícula chamados espiráculos, e que se estenden por todo o corpo, promovendo a troca de gases. Os artrópodos acuáticos teñen branquias ligadas ao sistema de traqueas.
O sistema circulatorio dos artrópodos consiste nunha batería de corazóns que se dispoñen ao longo do corpo e que bombean a hemolinfa (o "sangue" destes animais moitas veces non contén hemoglobina, baseada en ferro, mais si hemocianina, baseada en cobre), que se atopa bañando os tecidos.
Os artrópodos son protostomios e posúen un celoma reducido a un espazo á volta dos órgaos da reprodución e da excreción.
Un grupo tan numeroso e diversificado, tanto en especies actuais como*, como os artrópodos tería de ser necesariamente difícil de clasificar, así como de definir as súas relacións filoxenéticas.
Tradicionalmente, considerábase que os atrópodes tiñan a súa orixe nos anelídeos, por causa da semellante segmentación do corpo. No entanto, estudos xenéticos recentes mostraron que non é así e que os filos máis próximos dos artrópodos son os Onychophora e os Tardigrada. Alén diso, parece aceptado que estes filos e os restantes Ecdysozoa forman un clado monofilético. Os anelídeos, por outro lado, teñen características embrionarias en común cos moluscos e son actualmente clasificados no clado Trochozoa (ou Lophotrochozoa, xuntamente cos rotíferos e outros animais dantes considerados pseudocelomados).
A subdivisión dos artrópodos en grupos que podan igualmente ser considerados clados é tamén contenciosa. Algúns autores consideran que os Hexapoda e os Myriapoda forman o clado Uniramia, con apéndices non divididos e que serían un “clado-irmán” dos crustáceos, mais a filoxenia destes grupos aínda non está ben establecida, polo que se adoptou aquí a clasificación en cinco sub-filos, que é a máis aceptado.
Como xa se referiu, atopáronse fósiles de artrópodos do período Cámbrico, mais hai indicacións de que formas aínda máis antigas, pertecentes á “Biota Vendiana”, como os "vendiamorfos" e os "anomalocaridiídeos" poden ter sido antepasados dos artrópodos actuais.
Членестоноги | Artròpode | Členovci | Arthropod | Leddyr | Gliederfüßer | Arthropod | Artropodoj | Arthropoda | Lülijalgsed | Arthropoda | بندپایان | Niveljalkaiset | Arthropode | Artrapód | פרוקי רגליים | Ízeltlábúak | Arthropoda | Artropodo | Liðdýr | Arthropoda | 節足動物 | 절지동물 | Arthropoda | Glidderfüssler | Gelidpoetege | Nariuotakojai | Geleedpotigen | Leddyr | Stawonogi | Artrópode | Членистоногие | Artropoda | Arthropod | Členonožci | Зглавкари | Leddjur | Eklembacaklılar | Членистоногі | 节肢动物
This article is licensed under the GNU Free Documentation License.
It uses material from the
"Artrópodo".
Home Page • arts • business • computers • games • health • hospitals • home • kids & teens • news • physicians • recreation• reference • regional • science • shopping • society • sports • world