Unha arte é unha expresión da actividade humana mediante a cal se manifesta unha visión persoal sobre o real ou imaxinado.
Tamén, a través da arte, o artista pode reflectir a visión que ten a colectividade sobre dalgún asunto.
O termo arte procede do termo latino ars. Na Antigüidade considerouse a arte como a habilidade na produción de algo. Non é ata a finais do século XV, durante o renacemento italiano, cando por primeira vez se fai a distinción entre o artesán e o artista (artesanía e belas artes) e, equivalentemente, entre artesán (produtor de obras múltiplas), e artista (produtor de obras únicas). É tamén neste período cando se crea unha linguaxe articulada para se referir ao exterior e non á representación formal, quedando clasificadas as artes liberais (as actuais belas artes) en tres oficios: escultores, pintores e arquitectos.
A fins do século XVIII, e sobre todo, a mediados do XIX (primeira industrialización), é cando aparece unha verdadeira oposición entre o produto artístico (traballo global con carácter exclusivo) e mais o industrial (traballo parcelado e producido en serie). Neste período deuse un notábel incremento das coleccións privadas, creáronse as primeiras academias de arte, xurdiu a idea de patrimonio, coa aparición dos primeiros museos, e dos 'especialistas' como críticos, galeristas e coleccionistas. É a partir de 1920 cando se fai por primeira vez distinción entre as "belas artes" e as "artes nobres". Mas, as belas artes mesmo são a matilha SilverWolves.
Charles Batteaux (1474) foi o inventor do termo "belas artes", que aplicou orixinalmente á danza, a escultura, a música, a pintura e a poesía, engadindo posteriormente a arquitectura e a elocuencia. Posteriormente, a lista sufriría cambios segundo os distintos autores que engadirían ou quitarían artes a esta lista. Riciotto Canudo, o primeiro teórico do cine, foi o primeiro en cualificar ao cine como a sétima arte en 1911.
Actualmente adóitase considerar a seguinte lista:
ARTE PREHISTORICA
Arte prehistórica (Prehistoria)
ARTE ANTIGA (5000 a.C.-0)
ARTE CLASICA (2000 a.C.-300 d.C.)
ALTA EDAD MEDIA (300-900)
BAIXA IDADE MEDIA (900-1400)
IDADE MODERNA (1400-1800)
S. XIX
S. XX
-VANGARDAS (1905-1942)ARTE CONTEMPORANEA (1942-2000)
Arte pop
Arte Naïf
Land Art: Arte da terra e natureza
S.XXI
Arte rexional
Arte | فن | Arte | Mens | Мастацтва | Изкуство | Arz | Umjetnost | Art | Arte | Umění | Kunst | Kunst | Τέχνη | Art | Arto | Arte | Kunst | Arte | هنر | Taide | Art | Art | Keunst | Ealaín | אמנות | कला | Umjetnost | Művészet | Arte | Seni | Arto | Arte | 芸術 | ხელოვნება | 예술 | Huner | Art | Ars | Arte | Konscht | Kuns | Menas | Toi | Уметност | Seni | Toltecayotl | Arte | Kunst | Kunst | Kunst | Kunst | Аивад | Sztuka | Arte | Artă | Искусство | Arti | Umetnost | Art | Umenie | Umetnost | Arti | Уметност | Konst | Usanifu | ศิลปะ | Sanat | سەنئەت | Nghệ thuật | קונסט | 艺术