article

Arras (Atrecht en holandés, a lingua tradicional da cidade é o picardo) é un concello de 43.567 habitantes, capital do departamento de Pas-de-Calais

Historia


En orixe foi un asentamento da tribo celta dos atrebates, posteriormente os romanos convertérona nunha gornición co nome de Atrebatum. Durante séculos Arras estivo na fronteira entre Francia e os Países Baixos, e frecuentemente cambiou de donos antes de se vencellar permanentemente a Francia en 1654.
A Unión de Atrecht asinouse aquí en xaneiro de 1579 polos estados dos Países Baixos leais a Filipe II de España, o que provocou a declaración da Unión de Utrecht a fins dese mes.
Durante a Primeira Guerra Mundial, Arras estivo na primeira liña de fronte e unha longa serie de batallas coñécense como a Batalla de Arras e a cidade foi fortemente danada e tivo que se reconstruír despois da guerra. Na Segunda Guerra Mundial os alemáns ocuparon a cidade e executaron a 240 franceses sospeitosos de pertencer á Resistencia francesa.

Ligazóns externas


Web oficial do concello (en francés)

Francia

Arras | Arras | Arras | Arras (Francia) | Arras | Arras | Arras | アラス | Arras | Arras (Pas-de-Calais) | Arras | Аррас | Арас (Па се Кале) | Arras | 阿拉斯

 

This article is licensed under the GNU Free Documentation License. It uses material from the "Arras".

Home Pageartsbusinesscomputersgameshealthhospitalshomekids & teensnewsphysiciansrecreationreferenceregionalscienceshoppingsocietysportsworld