article

A anorexia nerviosa é un transtorno alimentario caracterizado por unha ríxida e insuficiente dieta alimentaria (caracterizada por baixo peso corporal) e unha situación anímica de excitación. A anorexia nerviosa é unha doenza complexa, envolvendo componentes psicolóxicos, fisiolóxicos e sociedade. Unha persoa con anorexia nervosa chámase anoréxica. Unha persoa anoréxica pode ser tamén bulímica.

Definición Clínica


  • Peso corporal en 85% ou menos do nivel normal.
  • Exceso de actividade física.
  • Medo intenso e irracional de gañar peso ou de ser gordo, mesmo tendo un peso por baixo do normal. Polo xeral os anoréxicos vén peso onde non existe, ou sexa, o anoréxico pensa que ten un peso por riba do normal.
  • Negación a recoñecer a existencia da enfermidade.
  • En mulleres, ausencia de ao menos tres ou máis menstruacións. A anorexia causa serios danos no sistema reprodutor feminino.

Outros síntomas e perigos inclúen:

A anorexia posúe un índice de mortalidade entre 15 a 20%, a maior de calquera transtorno psicolóxico, xeralmente matando por ataque cardíaco, debido á falta de potasio ou sodio (que axudan a controlar o ritmo normal do corazón).

Causas


A anorexia afecta moito máis a persoas novas (entre 15 a 25 anos), e do sexo feminino (95% dos casos de anorexia nervosa ocorren en mulleres).

Moitos especialistas consideran que a influencia dos medios de comunicación é a principal (mais non a única) causa de transtornos alimentares. Isto porque os medios polo xeral impoñen o estereotipo en que a delgadez é un factor importantísimo, se non indispensábel, para o éxito social e económico dunha persoa, desde programas de televisión ata filmes e revistas. Tal influencia é bastante negativa nos nenos e adolescentes, época na que se está formando a personalidade, e casos de rapazas entre 11 a 14 anos anoréxicas existen con relativa frecuencia.

A anorexia nerviosa foi pouco comentada na cobertura xornalística da morte dalgunhas persoas que morreron precisamente debido á complicacións desta doenza, como Karen Carpenter e Terri Schiavo.

Persoas que pasaron por eventos traumáticos anteriormente, como rexeitamento familiar ou abuso físico e/ou sexual tamén posúen un maior risco de seren anoxéricas.

Persoas en certas profesións, como atletas, bailaríns, danzaríns, ximnastas ou modelos, poden motivar a unha persoa a diminuir o seu peso, posibelmente resultando nun transtorno alimentario. O perfeccionismo tamén é un factor de risco.

Tratamento


A anorexia nerviosa, por ser unha doenza con raíces psicolóxicas, é difícil de tratar. Unha vez diagnosticada, o anoréxico pasa por terapia individual, terapia en grupo e terapia familiar, en casos leves e moderados. Como a negación do problema é frecuente, médicos, terapistas e familiares precisan ser pacientes encanto motivan o anoréxico na súa recuperación. Casos de reincidencias (recaídas) son comúns en persoas anoréxicas. Nos casos máis graves precísase tratamento hospitalario.

Vexa tamén


Medicina

Anorèxia nerviosa | Anorexie | Anoreksi | Anorexie | Anorexia nervosa | Anoreksio | Anorexia | Anoreksia | Anorexie mentale | Fuath-bìdh | אנורקסיה | Anorexia nervosa | Anorexio | Lystarstol | 神経性無食欲症 | Anorexia nervosa | Anorexia nervosa | Jadłowstręt psychiczny | Anorexia nervosa | Anorexia nervosa | Anorexia nervosa | Anoreksi

 

This article is licensed under the GNU Free Documentation License. It uses material from the "Anorexia nerviosa".

Home Pageartsbusinesscomputersgameshealthhospitalshomekids & teensnewsphysiciansrecreationreferenceregionalscienceshoppingsocietysportsworld