Amaterasu (kanji:天照, katakana:アマテラス) é a deusa Shinto do Sol, a antecesora mítica da familia real do Xapón. O seu nome completo é Amaterasu-o-mi-kami (天照大神)(deusa gloriosa que brilla no ceo).
Amaterasu naceu do ollo do deus Izanagi cando estaba a se purificar nun río. Ela converteuse na gobernate do Takamagahara.
Kojiki, a primeira crónica sagrada xaponesa, recolle a lenda da súa creación e da súa relación cos outros deuses. Coñécese xeralmente a Amaterasu como unha muller, a pesar que o Kojiki non distingue o seu sexo (o xaponés antigo non tiña pronomes como el ou ela). Outros libros, como o Hotsuma Tsutae, descríbena como un home.
Amaterasu está considerada como a inventora do cultivo do arroz e do trigo, o uso de vermes da seda.
O máis importante templo dedicado a Amaterasu está na en Ise, na illa de Honshu. O templo bótase abaixo e reconstruese cada vinte anos. Nese templo está representado como un espello.
A súa festa é o 17 de xullo, celébrase con procesións nas rúas en todo Xapón.
O 21 de decembro, o solsticio de inverno, celébrase a súa saída da cova, na que se agachara cando o seu irmán, Susanowo, deus do mar e das tormentas, baixou a terra e destruíu todas as colleitas de arroz de Amaterasu.
Ata a fin da Segunda Guerra Mundial, a familia real xaponesa proclamábase descendente de Amaterasu, e oficialmente o emperador estaba considerado unha divinidade.
أماتيراسو | Amaterasu | Amaterasu | Amaterasu | Amaterasu | Amaterasu | Amaterasu | Amaterasu | Amaterasu | Amaterasu | 天照大神 | Amaterasu | Amaterasu | Amaterasu | Аматэрасу | Amaterasu | 天照大神
This article is licensed under the GNU Free Documentation License.
It uses material from the
"Amaterasu - 天照".
Home Page • arts • business • computers • games • health • hospitals • home • kids & teens • news • physicians • recreation• reference • regional • science • shopping • society • sports • world