article

Alemaña do Oeste ou Alemaña Occidental foi o nome informal pero universal que recibiu a Alemaña durante a Guerra Fría, dende o ano 1949 ata a reunificación de Alemaña en 1991.

Constituida como república federal o 23 de maio de 1949, incluía as zonas de ocupación de Francia, Reino Unido e Estados Unidos, además da parte occidental de Berlín, divididas en diferentes estados creados segundo a historia dos antigos principados do Sacro Imperio Romano. O estado foi declarado totalmente soberano o 5 de maio de 1955, con capital en Bonn, pero as forzas de ocupación permaneceron para contrarresta-las soviéticas en Alemaña do Leste.

Alemaña Occidental uniuse á OTAN o 9 de maio de 1955, e á ONU nos anos 70, trala Ostpolitik do canciller Willy Brandt, recoñecendo tamén a existencia de Alemaña Oriental.

Trala caída do muro de Berlín o 9 de novembro de 1989, a unificación das dúas alemañas procedeu rápidamente, sendo formalmente unha anexión do territorio do leste por parte da República Federal Alemana. A unificación foi o 3 de outubro de 1990, e a retirada das catro forzas de ocupación o 15 de marzo de 1991.

xeografía

ألمانيا الغربية | República Federal d'Alemanya | Vesttyskland | Westdeutschland | West Germany | Okcidenta Germanio | Lääne-Saksamaa | Länsi-Saksa | גרמניה המערבית | Jerman Barat | Germania Ovest | 西ドイツ | 서독 | West-Duitsland | Vest-Tyskland | Vest-Tyskland | Alemanha Ocidental | Zapadna Nemačka | Zahodna Nemčija | Западна Немачка | Västtyskland | 西德

 

This article is licensed under the GNU Free Documentation License. It uses material from the "Alemaña do Oeste".

Home Pageartsbusinesscomputersgameshealthhospitalshomekids & teensnewsphysiciansrecreationreferenceregionalscienceshoppingsocietysportsworld