article

O adverbio é a clase de palabra que actúa como núcleo do Sintagma adverbial. Adoita engadir información circunstancial ao verbo, e algúns ata a toda a oración, xa sexa de tempo, de modo, de lugar, de dúbida1, de afirmación1, de negación1... Neses casos considérase que funciona como modificador a nivel de sintagma verbal (fíxeno doadamente) ou nivel clausal (sinceramente,...). As funcións sintácticas do adverbio son, aparte da de núcleo de sintagma adxectivo, as de complemento circunstancial do verbo, as de cuanificador, grao ou complemento do adxectivo ("moi bo") e as de cuantificador doutro adverbio ("bastante preto"). Algúns adverbios poden funcionar como predicados dirixidos cara a un suxeito e xunto a unha cópula verbal ("está divinamente")

O adverbio de modo pode formarse mediante a colocación do sufixo "-mente" ao final dalgúns adxectivos femininos. Por exemplo: soa (adxectivo) > soamente (adverbio). Tamén poden formarse compostos parasintéticos adverbiais agregando o prefixo a- e o sufixo -as: Ás agachadas, a cegas... Algúns sintagmas preposicionais así mesmo foron lexicalizados como adverbios: a posta > aposta.

Ambos, tanto o adverbio como o adxectivo poden ser precedidos por cuantificadores como: "moi" adv //adx = "moi rápido" // "moi rapidamente"

Tipos de adverbios máis comúns


Clasificación


Hai adverbios de:
tempo:despois, agora, logo, etc.
lugar: aquí, alén, algures, acolá, etc.
modo: mal, gratis, etc.
cantidade e intensidade: bastante, máis, moito, menos, etc.
afirmación: si, certamente, de certo, etc
negación: non, nin, etc. e outros que teñen implícita a negación, como nunca, xamais, ninguén, etc.
dúbida ou atenuación: talvez, seica, se cadra, etc.

Tamén hai locucións adverbiais, isto é, sintagmas constituídos por palabras que non teñen por que ser adverbios pero que forman un todo que funciona como adverbio, como por exemplo de boas a primeiras, en principio, etc.

Comparación


Algúns adverbios teñen, como os adxectivos, graos de comparación, como por exemplo lonxe, sempre, perto, cedo, tarde, os adxectivos neutros empregados adverbialmente e modificando un verbo (alto, baixo, caro, etc.), alguhas locucións adverbiais, a maioría dos adverbios de modo en -mente e ben, mal e pouco.

Colocación


A posición dos adverbios é bastante libre e poden ser deslocados facilmente por motivos estilísticos. Porén, de modo xeral, os adverbios colócanse antes do adxectivo ou do adverbio que modifican.

Véxase tamén



1. Na actualidade, a afirmación, a negación e a dúbida, tal como se expresa en Adverbio/Negación, afirmación e dúbida, son consideradas modalidades discursivas, e os tradicionais adverbios de afirmación e negación son marcas destas modalidades, polo que non pertencen á categoría adverbial. morfosintaxe

Наречие | Adverbi | Příslovce | Наречи | Biord | Adverb | Adverb | Adverbo | Adverbio | Adverbi | Adverbe | Prilozi | 副詞 | Adverbium | Bijwoord | Adverb | Adverb | Przysłówek | Advérbio | Наречие | Adverb | Adverb | Прислівник | Adviebe | 副詞

 

This article is licensed under the GNU Free Documentation License. It uses material from the "Adverbio".

Home Pageartsbusinesscomputersgameshealthhospitalshomekids & teensnewsphysiciansrecreationreferenceregionalscienceshoppingsocietysportsworld